O BNG busca o seu camiño

Logo da ruputura que supuxo a Asemblea Nacional de xaneiro, os nacionalistas se presentan ante o lectorado tentando apañar o voto útil do nacionalismo. Apostan por un novo pacto fiscal, a creación dunha Banca pública e recuperar servizos sociais do bipartito.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 13/10/2012 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Tras sufrir o peor trienio da súa historia, o BNG chega ás eleccións cunha marca moito máis pura aos ollos dos electores. Fuxiu de tensións e fuxiu de complexos. A ruptura xerou un verdadeiro Bloque, unha formación máis profesionalizada dominada en dous tercios pola UPG que tenta devolverlle as ilusións aos seus votantes.

Jorquera na pegada de carteis
Jorquera na pegada de carteis

En febreiro do presente ano, as cousas eran moi diferentes. O BNG facía augas e, nos plenos non se sabía a que formación pertencían os concelleiros elixidos en maio de 2011. O baile de siglas comezara. Entre a multiplicidade de causas da división, hai unha que destaca por enriba das demais: o fracaso. O BNG fora esgotandose pouco a pouco, chegando á súa asfixia durante o bipartito 2005-2009. 

Como nos barcos destinados ao afundimento, moitos marcharon da nave mentres que outros se amotinaban cruzando acusacións do rotundo fracaso das siglas nacionalistas. O exceso de personalismo motivado por moito galo en moi pouco galiñeiro, dinamitou o status quo. O resto, é historia recente do nacionalismo: ruptura pola esquerda co eterno Beiras, e ruptura pola dereita coa promesa dun nacionalismo inspirado no catch – all party catalán CiU.

E a pesar de todo, o BNG, paso a paso, está preparado para dar batalla e recuperar un goberno progresista. Para iso, elaboraron unhas listas con homes de partido e que asumen o seu rol dentro dun organigrama. Ademais, presentan un programa moi ambicioso - quizais demasiado - que pretende "non ser un conxunto de promesas senón un proxecto de país"

O BNG propón para 2012 un goberno que diga non ao desmantelamento do Estado de Benestar imposto dende Madrid e Bruselas. Os eixes do seu programa son:

Economía produtiva

A busca do emprego por parte do Bloque céntrase en producir máis, para xerar maiores taxas de contratación. O crecemento é a base do seu proxecto. A recuperación do campo, do agro é a aposta central, pois nunha Galicia eminentemente rural, o campo é unha excelente oportunidade de vertebrar territorios abocados á despoboación. A volta do Banco de Terras, a regulación das políticas de concentración parceira, as subvencións aor reinvestimento nas explotacións, o apoio ao sector lácteo e cárnico e un novo impulso á economía forestal son as liñas de actuación que tratará de impulsar o BNG a partir do 21 de outubro.

Regulación da actividade económica

O BNG preséntase como unha formación capacitada para recoller as demandas da cidadanía e frear a perversidade do sistema financeiro. Así, promete unha quita dos beneficios privados da banca para financiar os servizos sociais, ou impulsar a progresividade real dos impostos para que se cumpra a máxima de que paguen máis os que máis teñen" a través dun novo tramo de IRPF.

En canto á problemática das preferentes, a actuación do Bloque iría encamiñada a suprimir o RD-Leus 24/2012 para que se devolva integramente o importe "roubado" polos banqueiros.

A aposta máis arriscada por innovadora que presenta o programa do partido galeguista é a creación dunha Banca Pública que funcione para dar crédito á economía produtiva e que prohiba a versión especulativa desta.

Defensa dos servizos sociais

Dado que a educación e a sanidade son competencias transferidas ás comunidades autónomas, o BNG considera unha inxerencia do Estado a regulación destas materias. Grazas ao articulado legal vense capacitados para rexeitar os recortes nos principais servizos sociais. En resumo, o Bloque propón recuperar Preescolar na Casa, suprimir os concertos cos colexios que segregan por sexos, recuperar a concesión do Hospital de Vigo para que a súa propiedade sexa pública, ou a defensa do aborto libre e gratuíto.

Máis democracia

Os novos repertorios dos movementos sociais fan que os partidos lles realicen continuos acenos prometendo máis e mellor democracia. Así, o Bloque promete devolver a imparcialidade a TVG ou Radio Galega para que non sexa un instrumento ideolóxico senón de información. Ademais, levan no programa a histórica promesa de eliminar as catro deputacións para evitar duplicidades, coas que se calculan que aforrarían 400 millóns de euros.

A ambición do programa electoral do BNG está marcada pola ilusión renovada coa que concorren a estes comicios. Un partido forte para cambiar o modelo político e devolver a Galicia o ton progresista que perdeu en 2009. A capacidade de mobilización dos seus votantes, e mesmo voto útil da esquerda, son as súas principais bazas para chegar ao Hórreo.

Coa colaboración de ODP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 66 comentarios

22 manel de esperante

Sigo coa miña teima, a pregunta que non fostes capaces de respostar onte era, se vos deixan contestar, que preferides dos descontentos co BNG, optar por AGE ou abstención? Que interese esconde o BNG, semella que a prioridade non é conformar unha alternativa ao PP senón outra preocupación menos confesable?

1 antiburras

Que é AGE? Non existe tal AGE. Cantas veces ides cambiar de nome, marchosos? Raspas un pouco nos cartaces e sale a marca IU, O Partido Comunista de España e o seu vasalo, o ególatra e cursi de Beiras.

2 manel de esperante

Grazas pola resposta, non esperaba menos dun traballador a soldo da UPG. Confírmanse as sospeitas.

21 Un de Vilasantar

Non empregaredes un tradutor automático coma o conselleiro de cultura? Porque no último párrafo "unha partido" "os seus principais bazas". Hai que coidar dos detelliños, home. Un saúdo.

20 Antonimus

Para esencias "patrias", no día da Hispanidade haberá que falar en español, posto que o galego non debe valer para explicar as cousas que os galegos temos na cabeza e coma Yolanda dixit "así me entenderán mejor": http://www.youtube.com/watch?v=KldK...

1 Xandokas

É que Beiras e os seus muchachos queren aplicar o "bilingüismo harmónico" en Galicia.

2 Defraudada

Xa se sabe, son os independentistas de Anova: Ferrín, Abalo, Beiras...Eu a AGE chamarialles algo así como Alternativa da Palla Mental Galega

19 lemés

Onde foi día do Pilar, da Hispanidade, da Garda Civil... e de non sei cantas máis esencias patrias. Pois ben o camiño do BNG está claro, vexan unha foto en La Voz da celebración en Monforte, chea de tricornios e con misa, e no medio a tenente de alcalde do BNG que goberna (é un dicer) a localidade, a señora María José Vega Buján (a irmá do asesor do bipartito Suso Veiga Buxán, non se despisten pola normalización dos apelidos, esta mantén os de pía). Pois iso, o camiño do BNG, sumado a unha rúa dedicada a Fraga, escuros negocios entre familias Quintanas e Veigas/Vegas que se reparten o choio, e a vivir do conto mentres calemos. A foto en http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 antiburras

Home, agora que sacas o tema, lémbrome da Candocia e do Martiño bicando o tricornio e a bandeira de España. hai que ver como cambian os tempos. Tamén nesto son tránsfugas, digo, prófugos? Acrónica en http://www.elcorreogallego.es/terra...

2 antiburras

Sánchez Gordillo: El ex falangista que quiso ser guardia civil Juan Manuel Sánchez Gordillo, el hombre del momento y conocido ahora por el gran público por su acción mediática de asaltar supermercados y ocupar tierras en una suerte de Robin Hood de izquierdas, no siempre fue así. En 1967 pidió información para ingresar en la guardia civil, hacia la que mostraba una gran simpatía, y simpatizaba con el falangismo hedillista tal y como recuerdan algunos falangistas sevillanos de la época. Deitarse cos españois é o que ten

3 Xan ate as bolas

Seguide así lemés, tira contra aos outros para que estes reaccionen e rematar nunha noxenta espiral de desasatinos. Todo vale, ti sabes que Severino Rodriguez é mais dos da tua corda que propiamente do Bloque. Tivo a decencia de afirmar ao contrario que os outros, que a acta obtivoa baixo as siglas do Bloque, é que mentras dure a lexislatura vai seguir baixo esas siglas, que non no Bloque. Porque vai por libre e non acata as decisións da fronte, decisións coma a de negarse a pagar a paga do Nadal. Para Severino coma para vós o Bloque é moi de esquerdas e soberanista, ou xa non lembras?

4 lemés

Pois tes razón no de Severino, e quedas curto. É un farsante, está esperando os resultados, non lle importa Monforte e menos Galiza, rise do galego en público, está polo poder. Pero é o voso problema, é do BNG hoxe, é dos teus, así que o problema tedes que lavalo na casa. Non nos achaques o seu posible futuro, como fixestes cos preas dos paneis de Ourense que foi cando eran do BNG cando se desviaron. Pois iso, é do BNG, posto alí polo hoxe cabeza de lista do BNG por Lugo, Cosme Pombo, pola UPG en pleno, con Milucho e Xosé Manuel de Escairón. Repito: é do BNG, aquí podes ler máis: http://www.lavozdegalicia.es/notici... Como seguen sendo do BNG as familias Quintana e Vega/Veiga, as que se intercambian asesores, choios e favores na Xunta, concello de Monforte e Deputación de Lugo. Hai moito que limpar, si, pero está dentro do BNG.

5 lemés

Polo demais sei moi ben quen é a Pilar Candocia, coñezoa desde hai máis de vinte anos, tampouco me ides contar nada novo da situada. Esquecedes, coma sempre, que era do BNG cando ía en taxi, asesora de Quintana, abridor de negocios mafiosos polas américas xunto a Piqué (si, aquel do PP), que segue no BNG por certo. De verdade, eu non a votei nin a votarei, pola contra vos non podedes dicer o mesmo: foi do BNG cando ía en taxi, lembrades. Pola contra non teño o gosto de coñecer a Sánchez Gordillo, tampouco me interesa, en calquera caso é un problema dos andaluces. Iso de disparar ao aire para ver se atinades é de xente de poucas luces ou moi cegos.

6 A. Española

Para compartir proxecto e grupo político com o Sanchez Gordillo, mostras moito desapego. Matrimonio de conveniencia? Apaño electoral? Tudo vale? Vale tudo? Menudos ghetas estades feitos

7 lemés

Mentres poño exemplos, con nomes moi concretos e feitos coñecidos da deriva do BNG no poder, hai quen pretende asustarnos ou cando menos despistarnos con foguetes de verbena. Cal é o problema, que coñecemos o BNG por dentro, que tratamos durante anos cos líderes grises do aparato da UPG e tamén dos chegados do MC como os Veiga/Vega e Severinos ou de EG como as Candocias, que somos vasalos dos seus gobernos clientelares... Sabemos demais da fraude do BNG no poder e xa que non podedes evitar os comentarios (xa non tedes a censura da A Nosa Terra, nin Xornal, ambos liquidados pola vosa sabedoría, tampouco o Sermos que pagamos os residentes da provincia de Lugo grazas ao control da UPG da Vicepresidencia da Deputación, mágoa que non teñan a mesma transparencia e pluralidade para axudar a Praza e GC). Pois iso, sonche máis seguidor de Curro Jiménez, agora que está de volta, para que afines mellor a puntería.

8 Roi Xordo

Meu Deus, canta burrada arredor do pobre do Severino. Alcalde de Monforte, foi o membro de +G que máis se significu en público na provincia de Lugo para evitar a escisión. Por certo, no que atinxe ó enlace de Xosé Lois, compre aclarar que falta á verdade cando di que non odia a Severino por desbancalo como alcaldable no seu día. Iso explica a petición de voto para INGA (restos de Coalición Galega) por parte de quen fora significado militante da UPG. Eu non sei o que fará Severino no futuro; pero supoño que coma moitos, será do BNG na medida en que o BNG queira que o sexa.

18 lector

Agradecería que os artigos aparecesen asinados, no caso de ser da oficina de prensa do partido tamén se debería informar. E por suposto, sendo publi-reportaxe que foi pagada. Obrigado.