O BNG busca o seu camiño

Logo da ruputura que supuxo a Asemblea Nacional de xaneiro, os nacionalistas se presentan ante o lectorado tentando apañar o voto útil do nacionalismo. Apostan por un novo pacto fiscal, a creación dunha Banca pública e recuperar servizos sociais do bipartito.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 13/10/2012 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

Tras sufrir o peor trienio da súa historia, o BNG chega ás eleccións cunha marca moito máis pura aos ollos dos electores. Fuxiu de tensións e fuxiu de complexos. A ruptura xerou un verdadeiro Bloque, unha formación máis profesionalizada dominada en dous tercios pola UPG que tenta devolverlle as ilusións aos seus votantes.

Jorquera na pegada de carteis
Jorquera na pegada de carteis

En febreiro do presente ano, as cousas eran moi diferentes. O BNG facía augas e, nos plenos non se sabía a que formación pertencían os concelleiros elixidos en maio de 2011. O baile de siglas comezara. Entre a multiplicidade de causas da división, hai unha que destaca por enriba das demais: o fracaso. O BNG fora esgotandose pouco a pouco, chegando á súa asfixia durante o bipartito 2005-2009. 

Como nos barcos destinados ao afundimento, moitos marcharon da nave mentres que outros se amotinaban cruzando acusacións do rotundo fracaso das siglas nacionalistas. O exceso de personalismo motivado por moito galo en moi pouco galiñeiro, dinamitou o status quo. O resto, é historia recente do nacionalismo: ruptura pola esquerda co eterno Beiras, e ruptura pola dereita coa promesa dun nacionalismo inspirado no catch – all party catalán CiU.

E a pesar de todo, o BNG, paso a paso, está preparado para dar batalla e recuperar un goberno progresista. Para iso, elaboraron unhas listas con homes de partido e que asumen o seu rol dentro dun organigrama. Ademais, presentan un programa moi ambicioso - quizais demasiado - que pretende "non ser un conxunto de promesas senón un proxecto de país"

O BNG propón para 2012 un goberno que diga non ao desmantelamento do Estado de Benestar imposto dende Madrid e Bruselas. Os eixes do seu programa son:

Economía produtiva

A busca do emprego por parte do Bloque céntrase en producir máis, para xerar maiores taxas de contratación. O crecemento é a base do seu proxecto. A recuperación do campo, do agro é a aposta central, pois nunha Galicia eminentemente rural, o campo é unha excelente oportunidade de vertebrar territorios abocados á despoboación. A volta do Banco de Terras, a regulación das políticas de concentración parceira, as subvencións aor reinvestimento nas explotacións, o apoio ao sector lácteo e cárnico e un novo impulso á economía forestal son as liñas de actuación que tratará de impulsar o BNG a partir do 21 de outubro.

Regulación da actividade económica

O BNG preséntase como unha formación capacitada para recoller as demandas da cidadanía e frear a perversidade do sistema financeiro. Así, promete unha quita dos beneficios privados da banca para financiar os servizos sociais, ou impulsar a progresividade real dos impostos para que se cumpra a máxima de que paguen máis os que máis teñen" a través dun novo tramo de IRPF.

En canto á problemática das preferentes, a actuación do Bloque iría encamiñada a suprimir o RD-Leus 24/2012 para que se devolva integramente o importe "roubado" polos banqueiros.

A aposta máis arriscada por innovadora que presenta o programa do partido galeguista é a creación dunha Banca Pública que funcione para dar crédito á economía produtiva e que prohiba a versión especulativa desta.

Defensa dos servizos sociais

Dado que a educación e a sanidade son competencias transferidas ás comunidades autónomas, o BNG considera unha inxerencia do Estado a regulación destas materias. Grazas ao articulado legal vense capacitados para rexeitar os recortes nos principais servizos sociais. En resumo, o Bloque propón recuperar Preescolar na Casa, suprimir os concertos cos colexios que segregan por sexos, recuperar a concesión do Hospital de Vigo para que a súa propiedade sexa pública, ou a defensa do aborto libre e gratuíto.

Máis democracia

Os novos repertorios dos movementos sociais fan que os partidos lles realicen continuos acenos prometendo máis e mellor democracia. Así, o Bloque promete devolver a imparcialidade a TVG ou Radio Galega para que non sexa un instrumento ideolóxico senón de información. Ademais, levan no programa a histórica promesa de eliminar as catro deputacións para evitar duplicidades, coas que se calculan que aforrarían 400 millóns de euros.

A ambición do programa electoral do BNG está marcada pola ilusión renovada coa que concorren a estes comicios. Un partido forte para cambiar o modelo político e devolver a Galicia o ton progresista que perdeu en 2009. A capacidade de mobilización dos seus votantes, e mesmo voto útil da esquerda, son as súas principais bazas para chegar ao Hórreo.

Coa colaboración de ODP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 66 comentarios

2 PP = PSOE = BNG

Ten que moderarse ou acabará sendo como o PP, un partido da extrema esquerda, seguro que moitos non están de acordo co que digo de Feijoo pero quero recordar que Feijoo decidiu no tema da asistencia médica aos inmigrantes ilegais, quitar os cartos aos xubilados galegos que levantaron Galicia e están cobrando unha pensión miserable para darllos a extranxeiros que non traballan nin deberian estar aquí, e que non lle importa que veñan de outras zoas ao chollo xa que as galegas teñen poucos fillos e vamos sobrados de pasta. En lugar de loitar contra o aborto e a inxeneria social anti familia. Coincidindo na sua ideoloxia con Gordillo, Patzy, Rubalcaba, Jorquera, A.Mas, Carrillo, os indignados da tele, Bildu ou os da primaver arabe.

1 Napoleón

Feijóo de extrema esquerda? debe ser cousa dos recortes en psiquiatria. Pois nada meu, a próxima vez non te esquezas de tomar a medicación, non vaia ser que lle fagas mal a un ser próximo. Saúde e a sandarse.

2 PP = PSOE = BNG

Gracias Napoleón, os insultos de rigor, pero ¿nada mais? ¿non tés nada que decir sobre o contido? ¿só insultos aos que crees enfermos? Dime por que todos os partidos galegos do sistema están a favor de quitarlle os cartos aos galegos para regalarllos aos de fora. ¿e eso o nacionalismo?

3 AMkF

PP= IU + VIEIRAS O PP CHEGA O GOBERNO GRAZAS A TRAIZON DO AMIGOTE VIEIRAS

4 Napoleón

Meu, que queres que che diga? o de percurar chivos expiatorios en inmigrantes, separatistas, xudeos (ainda que algúns xudeos coma os Rotschild algo de culpa teñen), masóns etc. xa hai tempo que panfletarios mononeurais como Julius Streicher, Rosemberg e demais camarillas, o fixeron. Que a burguesia explota a man de obra migrante, mediante efectos chamada e a pijo progresia axuda cos seus papeis para todos, e medio de baixar soldos as clases obreiras autoctonas, deixando logo a factura do costo social a "Juan Pueblo" é verdade. Pero a min a dobre moral de que cando nós emigramos é para percurar un futuro e cando recibimos emigrantes, veñen a roubarnos, non me vai. Ademais con datos na man, migrantes aportaron mais ate de agora en conxunto, do que recibiron.

5 PP = PSOE = BNG

En resumo, que estás de acordo en que lles quiten cartos aos vellos galegos para darllos a xente nova extranxeira, en calquera caso a pregunta é, ¿por qué todos os partidos do sistema coinciden neso? e mui extrano en partidos como PP, PSOE ou BNG digan OS DE FORA PRIMEIRO e ao mesmo tempo falen de MAdrid coma o home do saco. O dos inmigrantes ilegais era só un exemplo porque coinciden en todo, feminismo, orgullo gay, aborto, anticlericalismo, enseñanza estatal manipulada etc, etc. Como tú sabes, Napoleón, en Francia ocurre o mesmo.

6 Napoleón

Non entendiches nada, estou en contra de emigración maxiva explotada, que crea desarraigo, desnaturalización e priva aos seus países de man de obra necesaria para o seu desenrolo. Do trafico de seres humanos coma se foran mercadurias. Considero ao migrante coma compañeiro de clase que debe ter uns dereitos iguales aos de aquí. Estou a favor de que cada ser humano viva onde queira, se é posible, pero cunha emigración regulada que podase asimilar e de vontariedade, non de necesidade. Mais non a favor de efectos chamadas i emigracións maxivas, feitas para que os burgueses teñan man de obra barata e co seu exceso de oferta, baixar a forza de traballo e poder adquisitivo dos traballadores autóctonos. Qúe o coste social o paguen burgueses i empresarios, que foron os que se beneficiaron, non nós nin nosos vellos. Faime graza a xenofobia local, que cando emigra un de aquí, é un emprendedor, e cando recibimos un inmigrante, é un la drón que ven a roubarnos.

1 Xandokas

Espero que sexa o seu camiño e non o seu ATAUDE!

1 kiti

CADALEITO

2 Xandokas

OK.