Temas: LAZA AVE FERIDO

As obras do AVE a Galicia cóbranse un novo ferido

As obras da chegada da alta velocidade a Galicia acumulan varios falecidos e feridos.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 24/02/2020 | Actualizada ás 19:38

Comparte esta noticia

Un operario resultou ferido sobre as 12,30 horas deste luns ao envorcar a carreta que manexaba nas obras do AVE no municipio Laza (Ourense).

Obras do AVE no concello ourensán de Vilariño de Conso
Obras do AVE no concello ourensán de Vilariño de Conso | Fonte: © Miguel Núñez.

Segundo informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron no túnel do Corno, na saída cara a Madrid. Tras o aviso dun particular, solicitouse a intervención do 061, a Garda Civil e o GES de Laza.

As obras da chegada da alta velocidade a Galicia acumulan varios falecidos e feridos nos últimos anos, con protestas sindicais pola sinistralidade.

Temas: LAZA AVE FERIDO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta