Bonnie Tyler actuará en Ferrol o 18 de xullo

Está previsto que as primeiras entradas saian á venda este venres, 28 de febreiro, a partir de 18 euros.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 27/02/2020 | Actualizada ás 16:28

Comparte esta noticia

A cantante británica Bonnie Tyler ofrecerá un concerto en Ferrol o próximo 18 de xullo, no recinto de FIMO, propiedade do Concello, na zona da Malata. Está previsto que as primeiras entradas saian á venda este venres, 28 de febreiro, a partir de 18 euros.

Bonnie Tyler
Bonnie Tyler | Fonte: Stefan Brending.

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, foi o encargado de presentar esta proposta musical. Así, incidiu en que se trata dunha ·artista totalmente consolidada, coñecida por todos, moi respectada e que virá cunha banda do mellor do mundo, cos mellores músicos"

A proposta leva por nome 'Ferrol Verán Festival', con aperturas de portas ás 19,30 horas, coa actuación, antes da artista británica, do Dj Imar Castro, Big Sur e a banda que fai tributo a Janis Joplin, pechando tras Bonnie Tyler, que ten programada para as 23,15 horas o seu concerto, 'Sr. X'.

Da produción e organización deste concerto encárgase a promotora ferrolá Rum Rum Axencia, a cuxa fronte se atopa Maxi López, que destacou que "as 300 primeiras entradas, a 18 euros, poranse este venres, 28 de febreiro á venda, ás que lle seguirán outras a 20, 22 e ata 25 euros", nun "claro esforzo por ofrecer os prezos máis baixos". Ademais, resaltou "o esforzo con esta aposta".

En total poranse á venda 5.000 entradas e, ademais, haberá varios puntos de venda físicos en Ferrolterra para poder adquirir os boletos, ademais da través de Internet. Maxi Lópéz incidiu en que o que será o escenario, o antigo recinto feiral de FIMO, "é un lugar ideal para organizar eventos deste tipo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta