Anova propón a Martiño Noriega como número 3 pola Coruña na lista de Galicia en Común

A Coordinadora Nacional reúnese este sábado para designar e aprobar os nomes das candidaturas. O portavoz nacional, Antón Sánchez, non irá nas listas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/02/2020 | Actualizada ás 19:26

Comparte esta noticia

Martiño Noriega é o nome que Anova propón para situar no número tres da lista pola Coruña da coalición con Galicia en Común, cuxo candidato á Xunta é Antón Gómez-Reino (Podemos). Os nomes que ocuparán os postos pactados na alianza rexistrada o pasado venres serán referendados na Coordinadora Nacional da formación da que é cofundador o histórico nacionalista Xosé Manuel Beiras.

Fontes de Anova confirmaron a Europa Press que Martiño Noriega aceptou dar este paso e situarse no número tres da lista pola Coruña. Mentres, o exdiputado no Congreso Miguel Anxo Fernán Vello é o nome que previsiblemente encabezará a lista da coalición por Lugo e falta por concretar o posto número dous para Pontevedra, para o que soa a concelleira viguesa Oriana Méndez, sen que este nome estea pechado aínda.

Desta forma, queda despexada a incógnita de quen ía ocupar o posto que Anova tiña reservado na candidatura pola Coruña e para o que a formación nacionalista barallou situar tamén ao seu portavoz nacional, Antón Sánchez.

Os dous nomes tiñan o aval para ir neste terceiro posto que Anova pactou na coalición, pero, tras oito anos na vida institucional, Antón Sánchez nin sequera concorrerá na candidatura. Opta por pechar un ciclo na actividade parlamentaria, tras converterse en deputado por primeira vez en 2012 coa coalición AGE --que asinaron Anova e Esquerda Unida e que irrompeu con nove deputados--, e centrarse na vida orgánica da formación nacionalista.

"REFERENTE DO SOBERANISMO"

Coa entrada de Martiño Noriega na lista de Galicia en Común-Anova Mareas --marca electoral coa que se presentará a coalición pactada por Podemos, Esquerda Unida e Anova--, a formación nacionalista sitúa a un "referente do soberanismo" na candidatura, mentres que Antón Sánchez queda 'libre' para a organización política, da que seguirá á fronte e que pretende afianzarse no territorio galego.

As mesmas fontes de Anova sosteñen que situar a Noriega no número tres supón unha "aposta moi forte" da formación nacionalista pola coalición, que se pechou ao límite de tempo o pasado venres.

"Hai que pór todos os recursos para derrotar a Feijóo nas urnas", mantiveron as mesmas fontes. De Noriega, insisten en que se trata de "un referente do soberanismo" e Anova porá "todo da súa parte para o futuro político do país".

Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras no IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS - Arquivo
Oriana Méndez, Antón Sánchez, Martiño Noriega e Xosé Manuel Beiras no IV Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista. MAURO BASTÓN - EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

3 Escarnasedo

O mellor análise político da realidade galega foi o de Antón Sánchez no Estado da "Nación". Mágoa que non sigas.

2 Volver facer o MIR

Así sacarán moitos menos votos dos poucos que xa ían sacar en Compostela, era mellor metelo de cunero por Lugo.

1 Gamela

Oriana Méndez Ferrín (?) Non pinta nada na lista ao Parlamento ! Para o que leva feito no Concello de Vigo o lugar apropiado para ela é seguir á sombra de Abel Caballero actuando como becaria de Rubén Pérez (sería unha vergoña colocar a esta rapaza en postos de saída!) Mentres Alexandra Kollontai é fichada polo BNG !!! Noxo dan con estes chalaneos de última hora...

1 Casilda

E ti a quen lle vas votar: a Eva Solla coa becaria da Oriana (tempos aqueles de Ferrín na RAG, onde se coloca a filla e o xenro), ou á musa Alexandra ao servizo da pérfida UPG? Xa sei que a Feixóo nunca, nin ao sobriño do tio... Sempre che queda Ramilo, pode que Gloria Lago te convide a facer un esforzo polo ben daspña en perigo polos separatistas e os masóns!

2 González_

1.-Oriana Méndez FFuentes, non Ferrín 2.-As acusacións contra o único Presidente indepentista da RAG foron artelladas polo ABC nunha hábil manobra do Partido Popular que tivo como colaboradores necesarios o Consello da Cultura Galega e mais o BNG; eles saberán por que. 3.-Chamar "bolseira" a unha muller con carreira universitaria e escritora implica un fedor machista, paternalista e clasista que define a quen se vale deses recursos degradantes. 4.-Xente coma vós prefire ser cabeza do rato opositor da maioría absoluta de Feijoo antes que asumir a diversidade política na esquerda. Chámase vocación perdedora, o voso. Boas noites

3 Gamela

Se a UPG e Luís Bará fosen "bos e xenerosos" votaría a Alexandra Kollontai se a colocan de número un por Pontevedra! (aínda que logo teña que tragar sapos con Néstor Rego!) Pero seguro que non son capaces de permitir que entre o aire na secta da UPG!

4 Gamela

González... a doble F é de Fuentes-Ferrín pois de non ser filla do seu pai esta muller non estaría nas listas xamáis ! Se a denomino bolseira é porque a dedicación parcial no Concello de Vigo a cobra Rubén (ela só percibe as esmolas da asistencia a Plenos)! Así que o fedor machista débelo ter tí na túa cachola! Ti sigue promocionando aos que non moven un dedo na vida... e todos felices cobrando do Estado Opresor !