Máis de mil profesionais abordan en Santiago os grandes retos da diversidade no sistema educativo

'Educa 2020' é un dos acontecementos educativos máis demandados e de maior asistencia. A el acoden profesionais de todo o Estado ou mesmo doutros países.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/02/2020 | Actualizada ás 09:57

Comparte esta noticia

A actualización constante do traballo docente e os retos en materia de inclusión e diversidade na aula, son algúns dos temas e eixos centrais do III Congreso Mundial de Educación 'Educa 2020', no que se citan preto de 1.200 docentes, especialistas e orientadores desde este xoves e ata o sábado na capital galega.

O evento 'Educa 2020' representa un dos acontecementos en materia educativa máis demandados e de maior asistencia, con profesionais de todos os recunchos do Estado e procedentes doutros países como Estados Unidos, Italia, Portugal, Bolivia, Colombia, Ecuador, México, Perú ou República Dominicana.

A cita celébrase no Palacio de Congresos compostelán e o programa inclúe 22 conferencias plenarias entre as que destaca a presenza do pensador italiano Francesco Tonucci, experto en educación e infancia, ou do investigador americano Thomas Amstrong, membro do equipo de traballo de Howard Gardner na teoría das intelixencias múltiples. Ademais, presentaranse máis de 120 traballos científicos e experiencias didácticas.

Entre os temas que se abordan atópanse cuestións como as intelixencias múltiples na aula, a neuroeducación, a educación inclusiva, a disciplina positiva, ou a xestión de conflitos.

Un neno pinta nunha escola infantil. XUNTA - Arquivo
Un neno pinta nunha escola infantil. XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta