A Xunta informa a empresarios dos avances do parque tecnolóxico de San Cibrao das Viñas

A segunda fase do proxecto poñerá a disposición das empresas interesadas unha superficie de máis de 370.000 metros cadrados.

Por E.P. | OURENSE | 02/03/2020 | Actualizada ás 16:43

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, reuniuse este luns con representantes da Asociación de Empresarios Polígono de San Cibrao para informarlles dos pasos a seguir para a ampliación do parque tecnolóxico.

Así o fixo catro meses despois de que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciase a intención de desenvolver e urbanizar a segunda fase do parque tecnolóxico en San Cibrao das Viñas, co fin de pór a disposición das empresas interesadas unha superficie de máis de 370.000 metros cadrados.

O primeiro paso será asinar o protocolo de colaboración entre o Parque Tecnolóxico, o Concello e Xestur, polo cal este organismo público será promotor e poderá urbanizar e vender despois os terreos. O documento xa foi redactado e en próximo días elevarase ao consello de administración do parque.

Pola súa banda, o parque continuará coa inscrición no rexistro da propiedade das parcelas pendentes e de forma paralela, a Consellería avanzará en tres direccións: na revisión da situación urbanística do chan urbanizado; no estudo das posibles modificacións do plan parcial para adaptalo ao plan sectorial da rede viaria de Ourense e tamén do proxecto de urbanización co fin de tentar abaratar custos; así como na análise da conexión viaria co novo parque empresarial de Paderne de Allariz, localizado nas proximidades.

Medio Ambiente sinala que incluíu nos seus orzamentos deste ano unha partida de 200.000 euros que permitirá realizar os traballos necesarios para a revisión e adaptación dos documentos urbanísticos e técnicos.

Reunión de Anxos Vázquez con empresarios de San Cibrao das Viñas. XUNTA
Reunión de Anxos Vázquez con empresarios de San Cibrao das Viñas. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta