Por E.P. | A CORUÑA | 04/03/2020 | Actualizada ás 14:08
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, comprometeuse a emitir "no tempo máis breve posible" o informe perceptivo para iniciar o dragado da ría O Burgo cando o Goberno central, pero puxo como excusa do seu atraso ao Goberno central ao que acusa de "deslealdade institucional", porque a solicitude do informe ao ministerio chegou este martes.
A preguntas dos medios durante unha visita á confraría de pescadores da Coruña, Quintana trasladou o seu "malestar" tras ler na prensa que o Goberno apunta á Xunta como responsable da parálise do dragado da ría do Burgo ao asegurar que están pendente dun informe da Conselleria.
"Á Xunta aínda non chegou a ningunha petición deste informe", indicou a conselleira, que lembra que foi o Executivo autonómico quen máis defendeu a necesidade de realizar esta actuación: "Fomos os que propuxemos a medida para obter os fondos europeos que estaban destinados a facer a depuradora de Santiago", subliñou.
Quintana comprometeuse a que "no mesmo momento" no que lles chegue a "petición de informe" a Xunta fará "todos os informes perceptivos que haxa que facer". "Unha vez reciba a solicitude de informe, se pode facerse no mesmo día, farémolo. Todo aquilo que se poida facer desde a Consellería de maneira automática, farase", explica.
Fontes da consellería suliñaron a este medio que "a solicitude dun informe que ninguén puxo enriba da mesa en máis dun ano chegou onte -polo martes-- ás 14:27".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.