Rueda aprobou o pacto do PP co BNG en Catoira pero "non está de acordo" coa moción PP-PSOE

Di que xa se lle abriu expediente aos edís implicados.

Por Europa Press / Redacción | VIGO | 04/03/2020 | Actualizada ás 14:15

Comparte esta noticia

O vicepresidente do goberno galego e presidente do PP na provincia de Pontevedra, Alfonso Rueda, insistiu este mércores en que a moción de censura pactada entre os concelleiros do PP e do PSOE para botar da alcaldía de Catoira (Pontevedra) ao nacionalista Xan Castiñeiro non contou co "consentimento" do partido, e apuntou que os edís 'populares' que a asinaron "terán que explicar a razón".

Así respondeu Rueda, nun acto en Pontevedra, a preguntas dos xornalistas sobre esa moción de censura, e lembrou que está "tomada a decisión" de abrir un expediente a eses concelleiros, que foron quen tomaron unha decisión que non tivo a "autorización" do PP provincial.

"Non demos o consentimento, pero ao final tomouse a decisión. Poden facelo como concelleiros, eles terán que explicar a razón, e o expediente é para iso. Escoitarémolos e tomaremos unha decisión", incidiu Rueda.

Preguntado sobre o apoio que, no seu día, o PP outorgou a Xan Castaño (BNG) para que fose investido alcalde, o presidente provincial do PP afirmou: "Naquel momento, non o ocultamos, entendemos as razóns, estabamos de acordo e nada que dicir. É agora cando non estamos de acordo".

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nos xulgados de Ourense.. EUROPA PRESS - Arquivo
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, nos xulgados de Ourense.. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta