Os concellos xestionaron o 46% dos contratos públicos nos últimos cinco meses

Corresponden a gran parte das obras de construción realizadas, "así como tamén a outras áreas como son a axuda a domicilio ou a recollida e xestión de residuos".

Por E.P. | A CORUÑA | 05/03/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Os concellos galegos xestionaron o 46% dos contratos adxudicados nos últimos cinco meses por importede máis de 62 millóns de euros, segundo datos achegados polo sindicato CCOO na presentación do Observatorio Sectorial da Contratación Pública.

A presentación estivo a cargo do secretario xeral da Federación Estatal de Construción e Servizos deste sindicato, Vicente Sánchez, e do seu homólogo en Galicia, Sergio López.

Segundo sinalou Sánchez, no período comprendido entre outubro de 2019 ata febreiro de 2020, as administracións públicas galegas adxudicaron un total de 392 contratos que contaban cun importe total de licitación de 160.799.727,95 euros.

"Con todo esta partida global diminúe no proceso de adxudicación final ata un total de 134.700.351,95 euros, o que supón que entre as distintas administracións se produciu un recorte do 16,2%, é dicir, deixaron de gastar 26.099.376 euros", recollen os datos achegados por CCOO.

Sobre as entidades locais, Sánchez subliñou que son as que maior porcentaxe xestionaron, o 46% dos contratos adxudicados que corresponden a gran parte das obras de construción realizadas, "así como tamén a outras áreas como son a axuda a domicilio ou a recollida e xestión de residuos".

Séguelle, en canto a cantidade, a Administración Xeral do Estado, que adxudicou case 49 millóns, o que representa o 29,4% do total. Finalmente, a Xunta de Galicia, é, segundo o estudo de CCOO, a responsable da adxudicación dun 24,5% do total con case 33,5 millóns de euros, sobre todo en contratos de obras de construción e estradas da súa competencia.

En rolda de prensa, Sánchez criticou as "minoracións" que se producen nas licitacións por "repercutir negativamente" nas condicións laborais, no emprego e na calidade do servizo, segundo expuxo.

Traballadores nunha obra
Traballadores nunha obra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta