Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/03/2020 | Actualizada ás 19:22
A primeira fase da campaña de doazón de sangue da Axencia de Doazón de Órganos e Sange (ADOS) conseguiu un aumento do 21,6% entre universitarios respecto ao mesmo período do ano anterior.
En total, rexistrouse a participación de 2.878 membros da comunidade universitaria en Galicia. A Xunta destaca o incremento daqueles que doan por primeira vez, que son 1.136, un 36,7% máis.
A Axencia de Doazón comeza principios de marzo a segunda fase da campaña especial de doazón de sangue nas universidades co obxectivo de cumprir o Reto 5000 de alcanzar esta cifra de doazóns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.