GC Aberto

Regresión

Coas súas controvertidas prácticas, o “sequito” dirixente de Podemos fixo que a organización sexa parte implícita da clase política que seis anos atrás viña combater. Renunciando con iso ao seu ideario e claudicando en capitulación sen que se albisque rexeneración á actual deriva.

Por galdo1950 (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com/) | GC ABERTO | 12/03/2020

Comparte esta noticia

O vicepresidente do Goberno e secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, durante un acto de Galicia en Común na Coruña a 29 de febreiro de 2020. M. Dylan - Europa Press
O vicepresidente do Goberno e secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, durante un acto de Galicia en Común na Coruña a 29 de febreiro de 2020. M. Dylan - Europa Press

 

Xa non é ningún secreto que tanto Podemos como Esquerda Unida, aparcaron  o programa económico  que defenderon diante os electores para adoptar como propio o continuista programa neoliberal do PSOE. O que vén indicar que Iglesias quitou ferro  á hora de informar sobre as renuncias que inducía a coalición cos socialistas coa intención de non alimentar a crispación  e  contar así que os inscritos apoiasen a súa consulta de referendo a un Goberno conxunto.

 

Certamente, o dirixente de Podemos estaba máis ansioso por facerse con cadeiras  no Executivo  que por alcanzar un acordo programático  disruptivo que redundase  en favor  das  condicións  económicas e sociais  do país; pois se así fóra non se lle ocorrería aceptar o fracasado modelo neoliberal que rexe a economía desde principios dos 80  baseado en catro hipóteses falsas que  pasado o tempo colapsaron totalmente a súa validez.

 

O neoliberalismo é un proxecto que conduce ao  desastre e por tanto contraproducente para a política e a economía como fai ostensible a súa propensión cara á inestabilidade e o estancamento e cuxa aplicación beneficia a uns poucos a expensas da maioría.

 

Desde a súa instauración os acontecementos dos últimos doce anos, é dicir, a crise económica de 2008, o xurdimento dos indignados en 2011 e a quebra do bipartidismo de 2014 son fitos  que lonxe de afianzar  a solvencia  deste modelo obrigan a cambiar o  relato que o sustentou desde a Transición, por canto entre outras cousas o neoliberalismo  leva corenta anos debilitando  o noso funcionamento democrático, sen que nada das súas proclamadas  bondades  fornecese o efecto prometido.

 

Dito isto, resulta frustrante  que unha formación política  como Podemos que naceu coa finalidade de combater ao neoliberalismo e defender a todos os prexudicados por esta  fase do capitalismo, cando as razóns  que motivaron a súa  fundación seguen mantendo plena actualidade e a desigualdade lonxe de remitir se  cronifica,  a través de truques decida  encartarse ás  directrices dun PSOE que defende  a continuidade deste  sistema  económico  que na actualidade  mantén fóra do  mesmo a 12 millóns de españois.

 

Todo vén indicar que a entrada de Podemos no Goberno asumindo o neoliberalismo como regra de xogo, é unha renuncia expresa a todo aquilo  que se empezou a fraguar a partir de 2011, e por tanto, a todo intento  de levar  a cabo as súas  proclamadas políticas de transformación.

 

Iso polo menos é o deducible tomando por referencia os acordos concretos que figuran no documento  de coalición cuxo contido establece tanto as potencialidades como os límites do novo goberno na súa capacidade de acción, aspectos que sitúan a formación morada nas antípodas dos seus obxectivos programáticos.

 

Sendo de significar para maior desvalorización podemita, que o PSOE para  asegurarse o cumprimento  das receitas neoliberais europeas, optou por constituír un Executivo  de marcado “perfil económico” no  cal Podemos  ten asignada  a función de comparsa.

 

Pois aínda  así, despois de asumir  que na actual tesitura as normas de restrición do gasto non se van  a superar, Iglesias  comprométese  en aplicar  políticas distintas  sen facer fronte ao marco xurídico imposto polo neoliberalismo, unha contradición sen máis paliativos  que non reportará  mais resultados que o  menoscabo da súa  xa minada reputación, pois contra as falsas expectativas  que tenta crear, resulta  concluínte  que  nun Goberno de definido e maioritario  signo neoliberal  é totalmente imposible implementar políticas progresistas no económico e  o social.

 

Por iso, pretender corrixir a situación desde a esquerda  sen mediar cambios estruturais  tendo enfronte a apisoadora do neoliberalismo é un obxectivo sen ningún tipo de percorrido  que reportará  frustración de fracaso. e desencanto electoral… Reafirmarse no  contrario é incorrer  na  disonancia  cognitiva de mentirse a si mesmo.  

 

Nese contexto, o feito de formar  parte dun  Executivo con motor económico neoliberal  é un paso atrás na traxectoria política de Podemos  pois con iso estanse asumindo medidas demoledoras para as maiorías sociais deste país como consecuencia de aspectos relacionados  coa  competitividade, o déficit ou o artigo 135 da Constitución, e renunciando dese xeito a tocar os alicerces do sistema cuestionado  no 15 M, e todo,  como  contrapartida a facerse cuns ministerios de menor porte ao ser baleirados  de contido antes da súa asignación.

 

 

Con este  controvertido acceso ao poder, téntanse acalar as críticas  á deriva inducida en Podemos  pola nefasta xestión de Iglesias  e o seu equipo de dirección; que desde moito tempo atrás é   diametralmente oposta á que ilusionou  á gran maioría dos homes e mulleres que no seu día se incorporaron á organización e que  por coherencia unha gran maioría discrepante  renunciou a continuar formando parte de tan devaluado proxecto, sendo aí onde reside a   descapitalización dunha organización que a tempo presente leva camiño de converterse nun mero referente testemuñal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

E coa chegada do "conavirus" todo este proxecto neoliberal terá o refrendo compulsivo da poboación confinada e atemorizada ate a náusea ! Sálvese quién pueda !!! semellan berrar tódalas redes sociais, dende a dereita pedindo a reclusión total, ata a inmensa masa solidaria que solicita o mesmo por outros motivos (cando o sistema sanitario segue desabastecido e camiño do colapso inevitable!) // Pero o que importa para este asunto é que aproveitarán a "pandemia" para ocultar os fracasos económicos que seguirán enchendo os petos dos RICOS a costa da inmensa precariedade de tódolos demáis... https://i.gal/gamela15 E ollo, que tódolos depósitos bancarios só están garantizados por un máximo de 100.000 € // En caso de emerxencia poden limparlle os aforros a tódolos que teñan unha cifra superior nos bancos desabastecidos de cartos !!! A festa acaba de comenzar...