Noriega cre que "hai partido" para alcanzar unha maioría alternativa ao PP

O membro de Anova e número tres de En Común pola Coruña participou en Ferrol nos actos de recordo a Amador Rey e Daniel Niebla.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/03/2020 | Actualizada ás 19:29

Comparte esta noticia

O número 3 pola provincia da Coruña da candidatura Galicia en Común-Anova Mareas, Martiño Noriega, asegurou que as formacións da esquerda "non" terán "fuga de votos" nas eleccións autonómicas do 5 de abril e, por contra, augurou que a dereita "si" terá, o que levou a vaticinar que "hai partido" para alcanzar unha maioría alternativa ao PP de Alberto Núñez Feijóo.

En declaracións aos medios en Ferrol, onde participou nos actos do Día da Clase Obreira Galega, o exalcalde de Santiago e Teo asegurou que o acordo subscrito para a coalición pola que concorre ás eleccións "foi unha mala noticia para Feijóo" porque supón a unión do "soberanismo republicano, o federalismo e o municipalismo" para dar "continuidade ao relato que naceu con AGE" en 2012.

"Na esquerda non imos ter fuga de votos, no que ten que ver co PSOE, BNG e este espazo, mentres que no caso da dereita pensamos que si, que hai partido", remarcou Noriega, que cre que é necesario "cambiar de presidente" e as súas "políticas" que, ao seu xuízo, trouxeron "a precarización laboral e os dereitos dos traballadores, que sufriron un retroceso neste país".

RECOÑECEMENTO

O membro de Anova pronunciou estas palabras en Ferrol tras participar no acto que realizou o sindicato CIG en recordo de Amador Rey e Daniel Niebla, que faleceron a disparos da Policía o 10 de marzo de 1972 cando participaban nunha manifestación como traballadores de Bazán --hoxe Navantia--.

"O que é o espazo do soberanismo republicano sempre tentamos estar nestes actos, xa que é importante exercer a memoria, no que son os dereitos laborais e neste caso para poder honrar á figura de Amador e Daniel", sinalou Noriega, que cre que "teñen un campo gañado de maneira simbólica do que foi a loita obreira e dos dereitos dos traballadores aquí en Ferrolterra."

Martiño Noriega, dirixente de Anova, e candidato número 3 pola Coruña na lista de Galicia en Común-Anova Mareas
Martiño Noriega, dirixente de Anova, e candidato número 3 pola Coruña na lista de Galicia en Común-Anova Mareas

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Liquido

Alusina!!!

1 Gamela

Aínda que levamos moito tempo sen saber a qué marea corresponde a chamada Marea de Vigo (onde hai unha representante de Anova, Oriana F.Ferrín) como ninguén controle ao bocazas de Rubén nin siquera os que ODIAMOS a Abel Caballero e a súa comparsa imos poder levar a cabeza alta... Supoño que Eva Solla encantada, como non entende nada, dálle igual do lombo coma do solombo !!! https://twitter.com/00Gamela/status...