Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/03/2020 | Actualizada ás 18:57
A coalición Galicia en Común-Anova presentará un recurso an a Xunta Electoral contra o plan de cobertura informativa da CRTVG para a campaña das eleccións do 5 de abril debido a que considera á candidatura que encabeza Antón Gómez-Reino como unha forza significativa e non representativa, condición da que gozan exclusivamente PPdeG, PSdeG e BNG.
Así, segundo confirmaron fontes da candidatura de coalición a Europa Press, o plan de cobertura foi exposto ás forzas políticas na tarde do martes no marco da reunión prepatoria do debate a seis que a CRTVG prevé celebrar o próximo 23 de marzo nas súas instalacións de San Marcos, en Santiago de Compostela.
Deste xeito, Galicia en Común recorrerá o plan ante a xunta electoral porque considera inxustificado que se lles equipare a Ciudadanos e Vox, forzas que non tiveron representación na última lexilastura.
E é que a dirección da CRTVG considera que En Común non é herdeira de En Marea, o partido instrumental baixo o que se presentaron nas eleccións de 2016 Anova, Podemos, Esquerda Unida e as mareas municipalistas, actores que hoxe compoñen a candidatura de confluencia.
Limita a consideración de forzas representantivas a PPdeG, PSdeG, BNG e En Marea, partido que decidiu non presentarse ás eleccións do próximo mes de abril. Esta etiqueta implica maior tempo de cobertura informativa e máis minutos de espazos publicitarios na radio e televisión pública, entre outras cuestións.
VOX NON ACLARA O CANDIDATO
Ademais, segundo fontes consultadas por Europa Press, na reunión do pasado martes, Vox, que non designará candidato á Presidencia da Xunta, non precisou quen o representará no debate do 23 de marzo.
Tampouco o explicitó no encontro a coalición Galicia en Común ao considerar que dita cuestión non figuraba na orde do día. Con todo, fontes da coalición confirman que será a súa cabeza de lista, Antón Gómez-Reino, quen pariticipará no debate da CRTVG.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.