Por Galicia Confidencial | Lugo | 24/10/2012 | Actualizada ás 18:29
O demandante é un axente da Policía Lugal de Lugo, sindicalista do CSIF. O policía saíu na prensa local criticando duramente ao Concello polas malas condicións da comisaría. De seguido, a Comisión de Goberno do Concello abriulle un expediente por "revelación de segredos".
O axente contratacou cunha demanda que obrigou ao Concello a pechar ese expediente. Non contento con eso, demandaou a Orozco e ao resto dos hoxe imputados por acoso. O traballador alega que entrou en depresión pola represaria dos seus superiores e, ademais do preito penal, pide unha indemnización de 120.000 euros.
O alcalde socialista non quixo facer declaracións ao respecto. O seu letrado criticou á imputación ditada por Pilar de Lara debido á "carga emociona que ten un proceso penal".
É improbable que Orozco pense sequera en dimitir malia estar imputado. O político do PSdeG xa estivo imputado na trama de corrupción Operación Campeón, pero mantívose firme até que os xulgados arquivaron a causa contra el.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.