Por Europa Press / Redacción | MADRID | 12/03/2020 | Actualizada ás 19:29
A senadora do PP por Ourense María del Carmen Leyte deu positivo na proba do coronavirus, segundo confirmaron fontes do Grupo Parlamentario Popular. Convértese así na primeira parlamentaria da Cámara Alta que contrae esta enfermidade, despois de que se dese a coñecer que os deputados Ana Pastor, Javier Ortega-Smith e Carlos Zambrano, ademais da ministra de Igualdade Irene Montero, tamén teñen coronavirus.
A vicepresidenta primeira da Mesa do Senado, Cristina Narbona, asegurou que había unha senadora que dera positivo aínda que non desvelou a que grupo parlamentario pertencía, algo que posteriormente confirmou o PP.
"De momento temos coñecemento dunha senadora que parece contraer o virus, mantemos que sexa a propia senadora de maneira voluntaria se quere facelo público", subliñou Narbona.
Ademais, a presidenta do PSOE anunciou que algúns traballadores do Senado teñen síntomas leves, pero sen que se confirmase que están infectados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.