Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/03/2020 | Actualizada ás 19:36
Os medios públicos galegos, conformados pola Corporación Radio Televisión de Galicia, iniciaron unha campaña de concienciación social para "reforzar as recomendacións das autoridades sanitarias" ante a expansión do COVID-19.
Segundo explicou a CRTVG, trátase dunha campaña "sen precedentes" que busca promover as indicacións das autoridades sanitarias para frear a curva de contaxios do virus.
A programación da TVG incluíu a etiqueta #Quedanacasa e distribuíu varios vídeos centrados en temas relacionados con evitar a desinformación, non distribuír bulos polas redes, non deixar aos menores ao coidado dos avós e outro que apela á responsabilidade da cidadanía para quedar en casa.
Ademais, as redes sociais oficiais contan cunha única mensaxe na biografía coa etiqueta #Coidémonos e un texto de prevención: lava as mans, reduce o contacto, restrinxe a actividade social, vixía a febre, segue as recomendacións das autoridades.
A través destas mensaxes búscase difusión para "apelar á responsabilidade social", actualízanse constantemente para garantir "a prestación do servizo público como contribuír á información veraz" e axudar a "previr na medida do posible" a expansión do coronavirus.
Desde a @crtvg promovemos as recomendacións das autoridades sanitarias para evitar, entre todos e na medida do posible, o contaxio masivo do virus 👇 #Coidémonos #QuedaNaCasa pic.twitter.com/YyFy1FTnR6
— CRTVG (@crtvg) March 13, 2020
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.