Constituído en Galicia un centro de coordinación para que se cumpran as medidas do estado de alarma

Reforzarase a presenza das Forzas de Seguridade en lugares estratéxicos.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 16/03/2020 | Actualizada ás 14:56

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, presidiu este luns a reunión constitutiva do centro de coordinación que reúne os mandos das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado  no territorio galego para garantir o cumprimento das medidas establecidas tras a declaración do estado de alarma.

O delegado do Goberno, Javier Losada, preside a reunión do centro de coordinación sobre as medidas do estado de alarma.
O delegado do Goberno, Javier Losada, preside a reunión do centro de coordinación sobre as medidas do estado de alarma.

Á súa vez constituíronse centros de coordinación nas Subdelegacións do Goberno na Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, baixo a presidencia da subdelegada do Goberno na provincia e nas que ademais teñen presenza responsables de Policías Locais.

Segundo informa a Delegación do Goberno, nesta primeira reunión traballouse na coordinación das Forzas de Seguridade do Estado e analizouse a optimización dos persoais. Ademais, decidiuse reforzar a presenza en lugares estratéxicos, principalmente aqueles relacionados coa prestación de servizos básicos á poboación.

En concreto, o centro con sede na Delegación do Goberno en Galicia está integrado polo delegado do Goberno, Javier Losada, o secretario xeral da Delegación do Goberno, Alberto Seoane e a xefa de Protección Civil da Delegación do Goberno, Maria Dolores Gómez.

Tamén o conforman a xefa de Gabinete do delegado do Goberno, María Rivas e, por parte das Forzas de Seguridade, o xeneral da XV Zona da Garda Civil, Luís Francisco Rodríguez; o xefe superior de Policía de Galicia, José Luís Balseiro e o xefe do Corpo Nacional de Policía adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, Fernando Pico.

REFORZO DE SERVIZOS

Na reunión celebrada este luns, analizáronse as medidas establecidas tras a declaración do estado de alarma e a súa aplicación no territorio de Galicia nestas primeiras xornadas.

Por outra banda, reforzáronse os servizos de información á cidadanía en xeral prestando unha atención especial ás fronteiras e puntos estratéxicos, así como a zonas comerciais para facilitar o normal desenvolvemento das actividades de servizo público esencial.

O delegado do Goberno destaca o "alto grao de cumprimento" da cidadanía "sen apenas incidencias" e apelou á responsabilidade da sociedade galega "nestes momentos complicados".

Así, apuntou que no primeiro día laborable do Estado de Alarma a circulación reduciuse en Galicia un 67% con respecto ao luns pasado. O delegado do Goberno agradeceu o traballo e o esforzo dos axentes de garda civil, policías e policías locais e outros servizos de seguridade polo traballo que están a realizar.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Cando teremos unha policía preocupada de atender ás necesidades dos cidadáns en vez dunha policía preocupada por CAZAR cidadáns para sancionalos (?) O carallo do alcalde de Vigo enviou a todos os funcionarios para casa (teletraballo) e anunciou que para calquera xestión chamen ao 010 (e que desviarán a chamada ao funcionario correspondente) ? Cantos cartos vai ingresar polo puñetero 010 ! Cantas multas diarias vai enviar á Subdelegación do Goberno o Caudillo Abel? Se se preocuparan de buscar materiais sanitarios en lugar de multar xente !!!