O PT denuncia o "espólio" dos grupos parlamentarios

Asegura que PPdeG, PSdeG, AGE e BNG percibirán máis de 30 millóns de euros os vindeiros catro anos para financiar as súas "maquinarias políticas".

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 29/10/2012 | Actualizada ás 12:15

Comparte esta noticia

Máis de 30 millóns de euros. Esa é a cifra que percibirán os catro grupos parlamentarios pola súa representatividade electoral. Unha cifra que para o Partido da Terra (PT) supón un "espólio" das arcas públicas para financiar "con diñeiro público as súas maquinárias políticas". 

Táboa explicativa aportada polo PT
Táboa explicativa aportada polo PT

Este partido defendeu durante a campaña electoral a desprofesionalización da vida política e a posta en marcha dun si stema de democracia directa. Por iso, pide que se remate con estas "dádibas".

Os catro grupos parlamentarios percibirán máis de 10,67 millóns de euros durante os catro próximos anos, incluíndo un subsidio base de 638.194 euros, un subsidio variável en función do número de deputados e un subsidio finalista. O PT estima que, por este concepto, o PP recibirá 4,63 millóns, o PSOE 2,6 millóns, AGE 1,8 millóns e BNG 1,63 millóns. Para alén desta cantidade, en lexislaturas anteriores prevíase un subsidio adicional para a contratación de persoal de libre-designación por parte dos grupos.

Subsidios electorais

Ademais, as candidaturas concorrentes que obtiveron representación terán dereito a outros 3,4 millóns de euros en subsidios electorais, incluíndo os subsidios por escano, os subsidios por voto e os subsidios por envío de propaganda electoral. Nestes itens o PP irá recibir aproximadamente 1,38 millóns de euros, o PSOE 817.938, AGE 623.889 e o BNG 561.091. 

"Estes fundos, junto com boa parte dos procedentes doutras partidas, devem dedicar-se agora à devolução das dívidas contraídas por todos os partidos com entidades financeiras, assim como os correspondentes juros", denuncia o PT que lembra que algúns partidos recibiron grandes empréstimos de bancos e das súas entidades políticas en Madrid.

Salarios

As partidas máis pesadas para as arcas públicas son as de salarios, indemnizacións e axudas de custo, cun total de 18 millóns de euros. O salario base dos deputados do PP custará 3,83 millóns, o dos do PSOE 1,67 millóns, os de EU e ANOVA 839.354 e os do BNG 652.831. Ao salario base engádense as chamadas "axudas de custo" para cada deputada, que suman 4,85 millóns para o PP, 2,13 millóns para o PSOE, 1,06 millóns para EU e ANOVA e 829.365 para o BNG. 

A isto hai que engadir as "indemnizacións" que reciben todos os deputados a modo de complementos, gastos de "representación" e gastos de libre-disposición pola súa participación como presidentes, vicepresidentes (1º ou 2º), secretarios, vice-secretarios ou voceiros dun inmenso número de comisións, mesas e grupos (practicamente todos os deputados deteñen unha ou varias destas posicións).

Financiación dos partidos

Con todo, a maior parte dos deputados destinan entre o 5% e 15% das súas retribucións para contribuír co financiamento do propio partido. Podes ver o cadro informativo realizado polo PT aquí.

O PT denuncia o elevado custe para manter a estes deputados, así como o mantemento dos grupos municipais, alcaldes e grupos políticos e deputados provinciais ou senadores. "O PT chama a unha reflexión sobre a propia natureza dos mecanismos da "democracia representativa" e apela para unha mudanza no xeito de entender a política que devolva o poder decisório ás persoas", conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

1 Terrestre

Se algún día os cobrades vós será un acto de redistribución equitativa en función do voto.

1 Fecha o peteiro!

Senhor terrestre, se você fosse policia grego e o PT Kostas Vaxevanis, já estaríamos na cadeia.

2 jos

O PT renuncia a subsídios e salários por representantes. Trata-se de potenciar a democracia direta, não de legitimar o teatro da representativa.

3 Soberania Alimentar

Para cobrar algum dia, deveriam ter conta bancária ... e não têm. E duvido que o sistema vaia passar a pagar os subsídios aos partidos políticos com sementes de repolo, plantões de vidueiro ou leitugas, cousas que têm muito mais valor que um papel estampado que não se pode comer, mas que ao sistema não lhe interessa. Quanto mais dependentes formos e quanto mais centrados estivermos no 'money, money, business, business', muito mais dóceis de levar e muito melhor para o sistema..

4 Soberania Alimentar

O problema é de conscientização: estamos indo -estão-nos a levar- para o caralho e aí estamos nós contudo, continuando a lhe dar voltas à roda, como os ratinhos das gaiolas.. desconetai de Matrix, ho!