Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2020 | Actualizada ás 13:28
A xunta electoral avalou a suspensión do proceso electoral, como pactaron as principais forzas políticas, e sinala que a decisión de que non se celebren pode ser adoptada polo presidente da Xunta á vista do estado de emerxencia sanitaria declarada.
De feito, o decreto está previsto que se aprobe polo Consello de Xunta este mércores, que esperaba o visto e prace do árbitro electoral sobre o documento acordado cos partidos políticos.
Ademais, a xunta electoral entende que debe procederse, con posterioridade á "repetición íntegra do proceso" electoral, como o que "mellor se axusta para que a futura votación se poida realizar en liberdade de concorrencia, votación e execución sen solución de continuidade".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.