ES pide a dimisión de Vázquez e dos cargos orgánicos

Esta corrente do PSdeG entende que é o "único xeito de rexenerar" este partido e de volver recuperar a confianza dos cidadáns. Tamén defende a creación dunha "ampla fronte progresista".

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 31/10/2012 | Actualizada ás 00:20

Comparte esta noticia

Necesidade de recuperar unha política coherente e alternativa desde a esquerda, asunción de responsabilidaes, saneamento orgánico e ideolóxico, democracia interna e primarias. Esas son as receitas de Esquerda Socialista (ES) para que o PSdeG saia da crise na que entrou tras o desastre do pasado 21-O. 

Membros da dirección de Esquerda Socialista
Membros da dirección de Esquerda Socialista

Por iso, e ante a "gravidade extrema da situación", ES entende que é "imprescindible" a asunción de responsabilidades a tódolos niveis. "Consideramos que o alonxamento da realidade do Partido Socialista e a incapacidade de articular un discurso transformador coherente dende a esquerda obriga a que aquelas persoas que non estiveron á altura das tarefas que debían ser afrontadas poñan a disposición do partido os seus cargos orgánicos e institucionais.

Por iso, nun comunicado remitido ao GC di que as responsabilidades non se esgotan no Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, senón que "é preciso que se asuman a tódolos niveis" e que o saneamento do Partido Socialista non quede nun "ero cambio de facianas entre un grupo pechado de notables". E é que para esta corrente, o "grado de descomposición" do PSdeG non pode solucionarse con "medidas cosméticas".

Rexeneración

Ademais, ES responsabiliza dos resultados ao "obsoleto, ineficiente e escasamente democrático" modelo de partido. Por iso, e para que o PSdeG poida voltar a ser un referente para un gran número de cidadáns, aposta por iniciar un proceso de saneamento e rexeneración que transforme as estructuras partidarias e constrúa un partido "dende abaixo a arriba sometido en todo momento á vontade democráticamente expresada da súa militancia".

Deste xeito, defende un proceso de primarias para a elección de candidatos electorais e que se asuma coma norma xeral a elección dos cargos orgánicos mediante un proceso de primarias "aberto a toda a militancia, limpo, sen ataduras e sen necesidade de avais".

"Fronte de esquerdas"

Ademais, esta corrente entende que, unha vez que o PSdeG estea "saneado e rexenerado dende a base", se poñan en marcha espazos de confluencia con outras forzas da esquerda para poder ofrecer unha "ampla fronte progresista nos termos que precisa a situación actual e demanda a cidadanía".

E é que ES entende que o "abandono dos principios, ideas e valores do socialismo e a incapacidade de ofrecer unha alternativa a un sistema económico inxusto e lesivo e a un réxime político superado" están detrás das causas dos malos resultados electorais do PSdeG. Por iso, pide que este partido recupere un programa de esquerdas "coherente" que afronte os problemas "dende a raíz e que combata a política neoliberal que está empobrecendo brutalmente á inmensa maioría da cidadanía".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

5 Sentidiño

Pero non tedes outra solución que tentar resucitar a un morto. Pois si que ides ben ...!

4 A lanterna de Dióxenes

O PSdeG - PSOE se non esquence a segunda parta das siglas pouco ten que facer en Galiza e se as esquenceseria un máis dos partidos galegos que asumen o socialismo e ainda máisd nos sues programas. Esta é o dilema que teñen en Galiza. PSG xa existiu fagocitado polos socialistas coa "de" metida con calzador e axudados polos xuices de sempre. Só lles queda declararse españolistas coma o PP e loitar pola parcela socialista/cantralista que deixen os populares. algo ainda máis complicado que o que se lles presenta agora no panorama politico actual con E.U no parlamento.

3 Galego

Aprendede algo, hominhos, ou recuperades a vossa identidade na figura de Pablo Iglesias, apreendedes do PSC e assumides o Programa de Federaçom Ibérica, aliás, comum ao do Galeguismo Histórico ou o melhor é autodissolver-vos como fixo a Assembleia do Povo Unido.

2 eusi

E logo estes senhorinhos que fam nesse partido o? Recuncar o que leva dizenco o Beiras desde hai decadas...

1 matalobos

Aviso aos que queredes cambiar ao PS d G PSOE. 1º tedes que amañar o financiamento dos partidos pois se cadra ese o motivo da actual dirección de someterse ao neoliberalismo. 2º Tedes que facer un congreso re - constituínte onde deixedes claro que volvedes ao marxismo e loitades a favor dos traballadores. 3º Tedes que marxinar aos socialdmócratas (neoliberais) da dirección do partido. 4º. Tedes que esixir a dirección de Madrid que sodes un partido federal e que a vosa participación na Executiva Federal ten que ser igual que a das outras 3 nacións que con Galicia participan nesa dirección (Euskadi, España e Cataluña) Logo volveremos a confiar en vosoutros

1 socialdemócrata

Partidos marxistas hai e non van moi aló nas eleccións. A maioría do electorado histórico socialista non pensa Galicia ser unha nación por oposición a España. Defende a armonización das identidades galegas e española sentidas polo pobo galego, e como esquerdistas non ven problema algún no amor á terra e aos outros pobos de España. Son os reaccionarios os que precisan de entidades excluintes. A socialdemocracia é a teoría política que fixo máis pobos felices e sociedades do benestar no mundo, o marxismo só fixo falcatruadas. Madrid non é un enemigo para os galegos, moitos dos nosos parentes e amigos marcharon alí e teñen postos de responsabilidade na administración e nas empresas. A ver se deixas de ser mimético de cataláns e vascos resesos, burgueses decimonónicos e chovinistas.

2 medio inano

Pois hala, todos a facer carreira a Madrid. Que país, que xentiña!.

3 socialdemócrata

A Madrid, a Bruxelas, a Shanghai. Hai xente que gusta de ficar en Galicia, outra ve o seu país pequeno e provinciano e quere outra cousa. Así foi e será sempre neste Fisterre sen grandes cidades. As causas económicas foron e son determinantes do éxodo dos galegos, mais non só. Desde logo non entendo que alguén de esquerdas renuncie a un ámbito político maior (España), por outro ainda máis pequeno, coa provincianización e isolamento que conleva. O comercio, o movimento das persoas dun lado ao outro, foi un factor importantísimo no desenvolvimento humano. Tí sí que és xentiña paleta e acomplexada.

4 carballo

Só é uha opinion "cosmopolita" túa, hai galegos que queren viver e taballar na súa terra, o de provinciano e pequeno é moi subxetivo.(o de xente paleta, creo que sobra) (para socialdemocrata)

5 nonéiso

Mira, socialdemócrata, só desde a particularidade se pode ser universal. O contrario non é universalidade, é cosmopolitismo e, en moitos casos, cosmopaletismo. E se non acreditas no que digo, para un instanmte e pensa: Cervantes é universal só desde o particular, desde a ínfima, cativa e (por dicelo coas túas palabras) pequena, provinciana e isolada El Toboso. García Márquez o mesmo con Macondo; William Faulkner o mesmo con Yoknapatawpha. E en canto ao movemento das persoas direiche que unha cabeza das máis brillantes dos últimos séculos en Europa, Kant, nunca saiu da súa vila Köningsberg. Xustamente, hai moito paleto, acomplexado e ignorante que pensa que a viaxe lle vai dar o que non ten, ademais de pensar que, como propón o dito galego "a vaquiña do viciño da mellor leite que a miña". Como non se faga antes a propria viaxe interior, pouco hai que facer. E todos coñecemos persoas moi "viaxadas" que son verdadeiras analfabetas funcionais.