Identificados dous mozos en Silleda que estaban de 'botellón'

No lugar había máis persoas, pero conseguiron escapar e só estes dous mozos foron identificados.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 19/03/2020 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A Policía Local de Silleda identificou a dous mozos duns 20 anos, veciños desta localidade pontevedresa, que na tarde deste mércores estaban a facer 'botellón'.

Foto recurso dun botellón
Foto recurso dun botellón

Fontes da Policía Local consultadas por Europa Press indicaron que estes dous mozos foron identificados nunha zona apartada da localidade, coñecida como Fonte de Abaixo.

No lugar había máis persoas, pero conseguiron escapar e só estes dous mozos foron identificados. A denuncia por vulnerar as restricións do estado de alarma foi presentada ante a Subdelegación do Goberno.

Ao longo das últimas xornadas, en Galicia foron denunciados varias persoas en distintas localidades por saltar as restricións impostas por mor da crise sanitaria do coronavirus, sobre todo no que respecta a reunións non permitidas en espazos públicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta