Os galegos teñen un "alto cumprimento das normas", segundo o Goberno central

A Delegación do Goberno lembra a importancia de "non saír de ponte" para continuar coa prevención fronte ao Covid-19.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2020 | Actualizada ás 10:26

Comparte esta noticia

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, lembrou este venres a importancia de "non saír de ponte" para continuar coa prevención fronte ao coronavirus Covid-19, á vez que destacou o "alto cumprimento das normas" por parte da poboación na primeira semana en estado de alarma.

Segundo informou a Delegación do Goberno nun comunicado, ante a xornada festiva deste xoves e o próximo fin de semana, Javier Losada incidiu en que continúa en vigor o estado de alarma, polo que insiste en que "se manteñen as restricións ao uso da vía e os espazos públicos".

"Os desprazamentos só están permitidos para acudir ao domicilio habitual, polo que non é posible desprazarse a segundas vivendas ou lugares de vacacións", recalcou. Ademais, Losada explicou que están previstos operativos específicos de patrullaxe nas rexións limítrofes co obxecto de controlar o cumprimento destas premisas e, en especial, "naquelas localidades de especial atracción turística e nas que aglutinan un número relevante de segundas residencias".

Como xa sinalou o Ministerio de Interior, a Delegación do Goberno en Galicia subliña que "as Forzas e Corpos de Seguridade establecerán dispositivos de seguridade, fixos e móbiles, tanto nas vías e espazos públicos como na rede de transporte" e, en particular, naqueles lugares ou franxas horarias que especificamente se poidan ver afectados as restricións acordadas, "para asegurar a observancia das medidas limitativas da liberdade de movementos", matizou.

"NINGUNHA ESCUSA"

"Os cidadáns estamos chamados a colaborar na tarefa, na decisiva tarefa, de frear a expansión do coronavirus", sostivo Losada, que advirte de que "non existe ningunha escusa", por tanto, "para non cumprir as restricións dispostas polo Goberno para protexer a saúde e seguridade dos cidadáns, conter a progresión da enfermidade e reforzar o sistema de saúde pública".

Nese sentido, o delegado do Goberno en Galicia subliñou a importancia de "quedar en casa" para parar o virus.

SEN INCIDENTES "GRAVES"

Pola súa banda, sobre o cumprimento das medidas establecidas, por parte da Garda Civil sinalaron a Europa Press que "en liñas xerais a xente está a cumprir e respectando as indicacións que as autoridades sanitarias están a realizar". "Ata a data non hai que destacar incidentes graves", apuntaron.

Con todo, apelaron a seguir as indicacións das autoridades sanitarias "permanecendo no seu domicilio, evitando o contacto con outras persoas, na medida do posible, e extremar as medidas de prevención e hixiene".

Control policial en Santiago de Compostela no cuarto día do Estado de Alarma decretado pola expansión do coronavirus en España
Control policial en Santiago de Compostela no cuarto día do Estado de Alarma decretado pola expansión do coronavirus en España | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Minhamamainhadoceo

Outro exemplo de civismo que nos diferenza dos españois, que fan o que lles peta. Coma eses madrileños que nos trouxeron o bicho e ese Goberno español que só ve a fronteira con Portugal e Franza.