Arde unha vivenda en Negueira de Ramuín que quedou calcinada

O suceso non provocou danos persoais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2025 | Actualizada ás 10:29

Comparte esta noticia

Unha casa situada no lugar de Cachaldora, no municipio ourensán de Nogueira de Ramuín, quedou calcinada por completo. O suceso non provocou danos persoais.

Segundo a información do 112 Galicia, os feitos producíronse minutos despois das 02.30 horas deste xoves e foi un veciño o que deu a voz de alarma e detallou que a única persoa que estaba dentro da vivenda xa se atopaba no exterior.

A central de emerxencias alertou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil, aos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas, ao GES de Maceda e a losvoluntarios de Protección Civil de Nogueira de Ramuín.

Os profesionais sanitarios tiveron que atender no punto á dona da vivenda por unha crise de ansiedade, pero non foi trasladada. Os bombeiros apagaron as chamas, que queimaron a casa por completo.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta