Temas: FRASEOLOXíA

“Por xunto” e “en groso”, equivalentes ó castelán “al por mayor”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Santiago de Compostela | 22/03/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Malia que nos atopamos inmersos en días en que o prioritario dos nosos pensamentos e dos nosos sentidos se atopa en pasar canto máis axiña, e co menor dano posible, esta pandemia, imos tentar seguir coa presente sección coa esperanza de que sirva cando menos para desviar, inda que sexa só un pouquiño, a atención durante uns instantes.

Supermercado de Mercadona.. MERCADONA - Arquivo
Supermercado de Mercadona.. MERCADONA - Arquivo

Así, e proseguindo coa senda que principiamos no anterior artigo, no que abordamos diversas formas existentes en galego para nos referirmos ó feito de comerciar en pequenas cantidades, imos tentar completar o círculo deste campo semántico tocando desta volta o modo en que aludimos ó feito de comerciar con xénero en grandes cantidades.

Al por mayor

{= En grandes cantidades, aplicado a xénero de comercio ou á súa comercialización.}

Por xunto

En groso

Ex.: Montó una empresa que vende al por mayor material de oficina.

Montou unha empresa que vende por xunto en groso material de oficina.

Ex.: Los mayoristas comercian al por mayor.

Os grosistas comercian por xunto en groso.

● Tamén, como formas máis residuais, tanto en castelán coma en galego:

(De) Por junto && En junto && En grueso && Por grueso

Ó gordo

NOTA:

As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.

- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 anonimo

Qué caos de ideas. Non sabía eu que a mascarilla era " para ´" que respirásemos" CO2 . Alguna xente anda moi moi perdida.Ou parece que imita a Trump, cando pide " libertade" de non usar mascarilla. O dito, cacao de ideas total.

5 Ana

¿Alguen sabe se o que se afirma no video de youtube co titulo "Empieza a Surtir Efecto el Documento Contra el Uso de la Mascarilla Testimonio" tamen e valido para Galiza?. Moitisima xente esta descargando ese documento, por iso pregunto.

4 Ana

¿Que se pode agardar dun pobo que vota isto?. Un pobo que vota tamen a quenes impiden que teñamos unha "tarifa electrica galega" por ser productores de enerxia, mentras pechan empresas polo prezo da enerxia e emigran galegos. Agora, ademais, o bozal (mascarilla) obrigatorio para que respiremos dioxido de carbono (a saber as consecuencias que iso tera nun futuro para a saude de miles de galegos). Despertade galegos!. Precisamos a unidade de todo o pobo para defender as nosas liberdades (NON ao bozal e a confinamentos!) e o dereito a poder beneficiarnos dos recursos desta terra e non ter que emigrar.

3 Realpolitik

Poder, pode. O que ocorre é que nin quere nin lle presta.

2 Arteixá

Polos votos dunha parte da poboación todos os galegos sufrimos unha privatización da sanidade e dos coidados a dependentes que medra exponencialmente. Esta xente ratifica co seu voto as políticas neoliberais do PP, e confórmase con seguros privados que o único que fan é gañar cota de mercado para nun futuro exercer o seu monopolio. Cando estes votantes teñan que negociar cantas sesións de quimio reciben polo seguro privado, será tarde para todos.