Dispáranse os ERTE en Galicia, aos que se sumará a multimillonaria Inditex

A CIG reprocha ao xigante téxtil que "tería que caerlle a cara de vergoña" por prever un expediente temporal a partir do 15 de abril tras cultivar "enormes beneficios".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/03/2020 | Actualizada ás 16:47

Comparte esta noticia

Os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) non deixan de aumentar nas últimas horas e xa supoñen un total de 4.239 os presentados en Galicia desde o inicio da crise polo coronavirus.

Amancio Ortega
Amancio Ortega | Fonte: @TVGalicia

Estes son datos da Consellería de Economía, Emprego e Industria facilitados a data deste venres, aínda que non especifica o número exacto de traballadores afectados por ERTE, aínda que xa son miles.

O mércores, 18 de marzo, había presentados 630 ERTE en Galicia, polo que estas cifras supoñen multiplicar por sete os expedientes con 48 horas de diferenza.

Un dos últimos en coñecerse e de gran alcance é o de Bosch Service Solutions, que expón un ERTE a máis de 1.300 dos empregados cos que conta en Vigo durante seis meses.

Sectores de especial importancia en Galicia como o téxtil recorren a esta figura. Este venres, Adolfo Domínguez decidiu ampliar o seu ERTE aos 145 empregados da súa sede de San Cibrao das Viñas (Ourense), polo que xa afecta ao 76% do seu persoal en España --incluídas 18 tendas galegas--.

ERTE EN INDITEX

Mentres, Inditex avanzou que presentará un ERTE a partir do 15 de abril para os 25.000 empregos de tendas, o cal se activará unicamente se se prolonga o estado de alarma decretado polo Goberno. Ata esa data sufragará o custo de todo o seu persoal.

A este respecto, a CIG tacha de "sanguento" que Inditex teña previsto levar a cabo un ERTE "a pesar dos seus enormes beneficios", de 3.639 millóns no último exercicio. "Só unha parte deste incremento de beneficios permitiría a esta multinacional sufragar os gastos de persoal mentres dura a actual situación de alarma", recrimina.

Nesta liña, o sindicato censura que Inditex "lava a súa imaxe" con doazóns coas que "desgrava", pero "tería que caerlle a cara de vergoña a toda a dirección só por pensar en presentar un ERTE, non xa polos beneficios deste ano, senón por todos os acumulados en anos anteriores, que foron os que permitiron situar a Amancio Ortega como un dos maiores multimillonarios no planeta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Sophia

El mundo atraviesa momentos difíciles y el sector de la moda mueve mucho dinero, quizas podrian hacer un esfuerzo para ayudar a la clase trabajadora.

3 Cachirulo

Gaña 3.700 millons de euros e fai un ERTE con cargo ao Estado!!!! Xa é botarlle papo, SICAV, ERTE, doacións que desgravan..., eche certo os ricos sabenas todas e sempre teñen estomagos agradexidos que os defendan....

1 Lérez

Certo Cachirulo. O mellor para Galiza é que desapareza esta empresa que se dedica a facer millonarios a media docena de persoas da mesma familia aconta de miles de traballadores explotados. A que espera o BNG para obrigar a Sánches a incautala e pechala. Igual hai que facer con Alcoa, Ence, Coren e moitas máis.

2 Riuriu

Para cuándo un ERE en la CIG? Para cuando sus liberados se van a poner a currar en lugar de comer percebes y beber cubatas?

1 nostrus

Amancio Ortega fai moito mais polos traballadores que miles de CIGs xuntas.

1 nostrus

La CIG en realidad no hace nada y si consiguen algun logro es despues de que personas como Amancio Ortega consigan miles de puedtos de trabajo. De todos modos no estoy en contra de los sindicatos y tiene su razon de existencia, pero algunos como la CIG deberian ser mas educados y abandonar sus posiciones marxistas y de lacayos del nacionalismo