O carriño da compra dos altos cargos da Xunta

El Corte Inglés premiou cun carro da compra valorado en 300 euros a dous altos cargos que teñen un soldo mensual de 8.000 euros.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/11/2012 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

"Imagínense, con la que está cayendo, tener un montón de hijos. Es el caso de la familia Vidal-Pardo Lado, que tienen tres niños pequeños, y que ayer recibió en el Hipercor de Marineda una ayuda en forma de carro de la compra con productos de primera necesidad cedidos por empresas  de la comunidad y valorado en 300 euros. Todo gracias al programa objetivo 2000, puesto en marcha por El Corte Inglés y AGAFAN (Asociación Galega de Familias Numerosas)". Así titulaba a información La Voz de Galicia, que, sen embargo, e segundo o blog exvoz, ademais de facer publicidade encuberta de El Corte Inglés e do Hipercor, non informaba de que os afortunados eran José Vidal Pardo, Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar e a súa muller, Cayetana Lado Castro-Rial Directora Xeral da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

Os dous altos cargos da Xunta reciben o premio
Os dous altos cargos da Xunta reciben o premio

Ambos os dous gañan mensualmente un soldo cercano aos 8.000 euros ao mes como altos cargos da Xunta. "Con información  deste tipo non é de estrañar que a prensa estea en crise, o incrible é que non entre en barrena. Alguén dixo que non hai que deixar que a realidade estrague unha boa historia, niso estaría a pensar o autor ao dar semellante información. Ler o xornal ultimamente é entrar nunha realidade Matrix total", apunta Ángeles García Portela no seu blog El Otro País.

Un sorteo raro

Nos dous blogs chámase a atención de que, curiosamente, o sorteo de AGAFAN sexa gañado por unha familia cuns ingresos que superan en máis de seis veces os ingresos medios dunha familia galega.

Precisamente, esta información tenlle servido a Exvoz para abrir unha nova sección sobre "as máis sobresalientes ou descacharrantes noticias ou artigos" deste xornal. "Un lector de ExVoz deixou un comentario ao pé deste texto para proporcinar outro exemplo de que La Voz se está convertendo nun panfleto comercial, promocionando coma se de información tratásese unha central de vendas; ver "Irrompe en Galicia o cuponeo, a moda que arrasa no medio mundo". O que abre un interrogante: que participación ten La Voz de Galicia SA nese negocio, ou canto cobra por vender publicidade coma se de información tratásese? E se a empresa editora do xornal non saca tallada por difundir esa publicidade, o asunto é máis grave, pois iso significaría que os xestores de La Voz de Galicia SA son "comercialmente parvos" ou... seica son eles os que a título persoal reciben unha "compensación" da central de vendas publicitada, en lugar de beneficiarse La Voz de Galicia SA?", ironiza este blog de ex traballadores de La Voz.

Páxina de La Voz onde aparece recollida a información
Páxina de La Voz onde aparece recollida a información

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

13 farto

Premiou dous altos cargos

12 Rosa Brañas

"coma se de información tratásese"??? Xa son demasiadas as veces que non enlazo novas deste sitio polo vergoñento que me resulta tanto atentado contra a lingua. Un mínimo de calidade, por favor!!

1 Xosé M. Martínez

Se os que utilizan o castelán fixeran o mesmo... Compre criticar os erros (envíe unha cartiña cos erros que detectou á redacción de GC), pero a nova merece máis atención polo contido que polo continente, agás que...

2 Rosa Brañas

Cando digo que non enlazo a nova pola vergoña que me dá, non hai "agás que..." que valla! A ferramenta dos xornalistas é a lingua, logo, ou son profesionais ou non. E só me faltaba terlles que corrixir día si día tamén cunha cartiña. Se me puxeran en nómina, aínda, aínda...

3 Camelia

Concordo que hai que cuida la lingua, mais non e mellor un artículo sen tacha que diga mentira ou que agache a realidade. E mellor a verdade con imperfeccions

11 tembraceiras

Se eu foro Feixó, obrigarísalles, SUTILMENTE POR SUPOSTO, a que entregasen ese cesto do premio a Cáritas. Hai que ter carota para aceptalo. Que tomen exemplo de Casillas e do outro futbolista aos que lles deron un premio en Asturias. Se coa sua xenerosidade enmendaron un erro ben gordo, ese matrimonio xunteiro debería facer o mesmo.

10 Lenguda

O CorteInglés debería ser a primeirísima empresa a ter en conta por todos nós para lles facer boicot activo.

1 Xurxo Lastres

O problema de fondo non é que El Corte faga publicidade, o problema é La Voz de LA Coruña.

9 CoiroII

UPS, entrei coma un elefante nun bazar e doume conta agora. Quixen subscribirme a GC esta mesma mañá e pagar os 4 euros mes, premo onde o anuncian na portada e me sae primeiro o rexistro onde tes que elexir o nik. horreur! coiro xa está rexistrado e "suplantei" a outro neste tempo que levo participando aquí, apenas dez días. Primeiro pido desculpas e logo...creo que vou ter que mudar meu prezado coiro, a cousa é que me quero dar de alta e cando non é unha cousa é outra sempre dime que nanai. socorrooooo! hahaha

1 CoiroII

Grazas Carballo ,sei que mo comentaches hai pouco pero andaba eu rifando con spanish proud e non lle dei importancia, ata agora. Tampouco vin que había que rexistrar o nick, como podes participar no foro sen facelo... :(