O carriño da compra dos altos cargos da Xunta

El Corte Inglés premiou cun carro da compra valorado en 300 euros a dous altos cargos que teñen un soldo mensual de 8.000 euros.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 03/11/2012 | Actualizada ás 00:00

Comparte esta noticia

"Imagínense, con la que está cayendo, tener un montón de hijos. Es el caso de la familia Vidal-Pardo Lado, que tienen tres niños pequeños, y que ayer recibió en el Hipercor de Marineda una ayuda en forma de carro de la compra con productos de primera necesidad cedidos por empresas  de la comunidad y valorado en 300 euros. Todo gracias al programa objetivo 2000, puesto en marcha por El Corte Inglés y AGAFAN (Asociación Galega de Familias Numerosas)". Así titulaba a información La Voz de Galicia, que, sen embargo, e segundo o blog exvoz, ademais de facer publicidade encuberta de El Corte Inglés e do Hipercor, non informaba de que os afortunados eran José Vidal Pardo, Secretario Xeral da Consellería do Medio Rural e do Mar e a súa muller, Cayetana Lado Castro-Rial Directora Xeral da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

Os dous altos cargos da Xunta reciben o premio
Os dous altos cargos da Xunta reciben o premio

Ambos os dous gañan mensualmente un soldo cercano aos 8.000 euros ao mes como altos cargos da Xunta. "Con información  deste tipo non é de estrañar que a prensa estea en crise, o incrible é que non entre en barrena. Alguén dixo que non hai que deixar que a realidade estrague unha boa historia, niso estaría a pensar o autor ao dar semellante información. Ler o xornal ultimamente é entrar nunha realidade Matrix total", apunta Ángeles García Portela no seu blog El Otro País.

Un sorteo raro

Nos dous blogs chámase a atención de que, curiosamente, o sorteo de AGAFAN sexa gañado por unha familia cuns ingresos que superan en máis de seis veces os ingresos medios dunha familia galega.

Precisamente, esta información tenlle servido a Exvoz para abrir unha nova sección sobre "as máis sobresalientes ou descacharrantes noticias ou artigos" deste xornal. "Un lector de ExVoz deixou un comentario ao pé deste texto para proporcinar outro exemplo de que La Voz se está convertendo nun panfleto comercial, promocionando coma se de información tratásese unha central de vendas; ver "Irrompe en Galicia o cuponeo, a moda que arrasa no medio mundo". O que abre un interrogante: que participación ten La Voz de Galicia SA nese negocio, ou canto cobra por vender publicidade coma se de información tratásese? E se a empresa editora do xornal non saca tallada por difundir esa publicidade, o asunto é máis grave, pois iso significaría que os xestores de La Voz de Galicia SA son "comercialmente parvos" ou... seica son eles os que a título persoal reciben unha "compensación" da central de vendas publicitada, en lugar de beneficiarse La Voz de Galicia SA?", ironiza este blog de ex traballadores de La Voz.

Páxina de La Voz onde aparece recollida a información
Páxina de La Voz onde aparece recollida a información

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 27 comentarios

8 anonimo

alucinante, no se cómo no se les cae la cara al suelo. qué jeta.

7 GC, a nosa última esperanza

matrix total. a competencia da voz debería facer sangue con isto pero non sairá en ningún lado mais que aquí. xa nin a esperanza de elpais galicia hai. mais urxente que a unión da esquerda transformadora é a creación de medios onda os xornalistas podan facer o que lles ensinaron na carreira.

1 Coiro

ti cres que o máis urxente é a unión da esquerda transformadora e eu creo que é a refundación do galeguismo/nacionalismo, no que estamos dacordo é que GC estase a converter no diario de referencia, xa quixera el País. ;) perdón polas maiúsculas pero é para ver se me oen na redacción. CANDO UN FORO ONDE SE POIDAN POÑER IMAXES E ONDE NON SE BORRE A MENSAXE SE TARDAS MOITO(pasoume varias veces) OU NON HAXA QUE METER UN CONTRASINAL TAN...MAREANTE :. creo que unha gran parte do éxito de GC ven pola participación nos foros. conste que non é unha crítica, abondo fan, é unha suxerencia. grazas GC, sodes El País de Galicia, e iso é moito dicir.

6 Coiro

Home, as familias nunmerosas que mercan no Corte inglés non che son de salario base, seica. O que ten delicto é que vendan como algo solidario algo que é meramente publicitario. Estando La coz polo medio que se podía esperar?

1 Fóra do país dos ananos

Nada Coiro, non se pode esperar nada...E seguro que no sorteo houbo calote! En fin, se os nacionalistas galegos tivesen máis fillos, e cun pouco de sorte, aínda nos podiamos repartir logo uns productos deses das marcas brancas, que che están ben bos...

5 Gamela

Vergoña deberan ter de recoller un premio así! AGAFAN (Asociación Galega de AFANADORES) Seica todo o que cae na rede é peixe?

4 Shin Chan

Karallada de noticia con titular confuso. Tocoulles un carro da compra, e qué?

1 Sin un can

Magoa que non che tocara a ti un cerebro. Se cadra indo a Lourdes.

2 Shin Chan

Si me tocara un cerebro donábacho.

3 Camelia

Le ben antes de comentar

4 Xosé M. Martínez

A SIN CHAN: Podería saír do comic?, por favor... Grazas.