Galicia rexistra 721 contagios, 154 máis que este venres

As probas realizadas superan as 4.100.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/03/2020 | Actualizada ás 12:40

Comparte esta noticia

O número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 721, o que supón 154 máis que este xoves, cando había 567. Ademais, os falecidos con coronavirus ata a data son 12, o dobre que hai 24 horas.

Así o informou a Consellería de Sanidade, que indicou que dos 721 contagios, 195 son da área sanitaria da Coruña; 54 a de Lugo; 74 a de Ourense; 112 de Pontevedra; 152 da de Vigo; 108 da de Santiago; e 26 da de Ferrol.

Do total de positivos, 28 permanecen na UCI, 166 están en unidades de hospitalización e 527 no domicilio. Ademais, concretou Sanidade, fixéronse ata agora 4.137 probas PCR para detectar positivos de COVID-19.

Polo momento, Galicia rexistra seis altas de pacientes --una máis que este venres-- e doce falecementos. O últimos tres, coñecidos na mañá deste sábado, son unha muller de 68 anos e dous homes de 93 e 74 anos, respectivamente, que contaban con patoloxías previas.

A Xunta destaca que continúa traballando desde a "máxima coordinación interdepartamental" e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste sentido, reitera que segue alerta, actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo
Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo | Fonte: Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta