Yolanda Díaz comeza a liderar a oposición a Feijóo

"Compracencia ningunha, dureza toda", di sobre as críticas do presidente galego á oposición de AGE. A líder de EU insiste en que esta coalición está para "quedar" no Parlamento.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/11/2012 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A líder de EU en Galicia estase revelando como un dos principais crebacabezas do Goberno de Feijóo. Desde que saíu elexida como deputada as súas críticas a Xunta e ao seu presidente teñen sido moi duras. Unha dureza que Feijóo criticou esta fin de semana.

Yolanda Díaz
Yolanda Díaz | Fonte: tomaarua.blogspot.com

"Compracencia ningunha, dureza toda. Non hai ninguén máis antidemocrático que quen condena á fame", contestoulle este martes a deputada de AGE que, nos últimos días, está sendo moito máis activa, tanto nas redes sociais coma nas súas declaracións públicas, que Xosé Manuel Beiras.

"Violencia verbal"

De feito, no PPdeG comezan a temer máis a oposición que poida realizar Díaz e EU que a de Anova, precisamente, pola súa contundencia verbal, aínda que cren que, á longa, lles prexudicará. Precisamente, Feijóo criticou a "violencia verbal" de Díaz e "carencia democrática" dos membros de AGE. 

Por iso, Díaz volveu a insistir en que AGE realizará unha "dura" oposición porque as "políticas" que aplican só "empobrecen aos de abaixo". "Sabe perfectamente a oposición que imos facer porque non temos ningunha complicidade coas políticas da troika, e si a man tendida coas persoas que están a sufrir".

Futuro de AGE

Díaz tamén se referiu ás declaracións dalgúns dirixentes do BNG que apostan por un achegamento a Anova. "Cando se propuxo unha Syriza galega de toda a esquerda, o BNG non tivo a habilidade de recoller a luva", dixo.

Por iso, insistiu en que AGE está para "quedar", xa que EU e Anova traballarán conxuntamente na Cámara. "Son momentos de excepcionalidade política e de converxencia" dixo e lembrou que o propio Xosé Manuel Beiras falou "alto e claro" en días pasados sobre a coalición.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 136 comentarios

2 Costadamorte

Interesante, pero non era o sucesso de AGE un mérito de Beiras?... Agora GC nos amosa quen manda na coalición, ao tempo que se revela coma "organo oficial de IU"... Así que sodes o novo "Mundo Obrero"!...

1 What R U Talking About

Cona! e Beiras? Movilizou puntualmente para lograr os escanos e agora vai coller vacacións ou que?