Baía Edicións 'libera' libros de literatura infantil e xuvenil para ler durante o confinamento

A cativada terá á súa disposición a través de Internet uns cantos títulos nestes días.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/03/2020 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

A editorial Baía Edicións decidiu suspender o envío de libros durante o estado de alarma, dado que "pasan por moitas mans durante a viaxe", e optou por 'liberar' en liña varios títulos de literatura infantil e xuvenil para ler durante o confinamento.

En concreto, para os lectores de catro a seis anos poderanse descargar 'Nube branca quere ser astronauta', de Pablo Nogueira e Manuel Uhía; 'Un día de treboada', de María de Mata e Mariana Riestra, e 'O dragón comemedo', RuAn.

Así mesmo, de sete a oito anos, estarán dispoñibles en liña 'A casa máis animada do mundo', de Cristina Sáez Cazallas e Almudena Aparicio; e 'O tempo do revés', María Solar, Arturo Iglesias e Xosé Tomás; mentres que para os lectores de nove a 10 anos estarán 'Boa Sorte', de María Solar Arturo Iglesias e Xosé Tomás, e 'Moko', de Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez.

Finalmente, os maiores de 12 anos terán á súa disposición 'A herdanza do marqués', de Conchi Regueiro e Noemí López Vázquez; 'Diario dunha noiteboa', de Jacobo González Outes; e 'Liliput', de Manuel Lugrís Rodríguez.

Campaña de lectura durante a alerta sanitaria. FEDERACIÓN DE LIBRARÍAS
Campaña de lectura durante a alerta sanitaria. FEDERACIÓN DE LIBRARÍAS

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta