Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/03/2020 | Actualizada ás 14:57
Un total de 47 usuarios positivos por coronavirus e 11 profesionais. Residencias de Vigo, Santiago, Celanova, Caldas, dúas na Coruña, O Barco, Ourense e Teo. 9 residencias con casos, en Galicia hai 223. Xa son case 60 os usuarios e traballadores contaxiados de coronavirus en nove residencias de Galicia, aínda que a cifra pode ser maior.
Segundo informa a Consellería de Política social, hai 47 usuarios positivos por coronavirus e 11 profesionais, ademais dun número indeterminado de persoas e traballadores illados ou con posibilidades de desenvolver a enfermidade. Familiares apuntan a que poden ser máis de 200 as persoas postas en corentena.
Aos casos coñecidos das residencias de DomusVI Barreiro, en Vigo e DomusVi San Lázaro, en Santiago, a de Celanova e a de Caldas de Reis, súmanse agora outros novos centros. Así, confirmanse positivos na DomusVi de Aldán-Cangas, e en centros da Coruña, Ourense, O Barco e Teo. En total, son nove centros de maiores os afectados dos 223 que hai en Galicia.
Así, e segundo a Xunta, hai dous casos confirmados nun centro da Coruña e do Barco, outro en Ourense e Cangas e outro en Teo. Con todo, o foco os focos máis preocupantes siguen sendo os de Celanova, Santiago e Vigo. En Celanova son 13 os usuarios contaxiados, igual que en Vigo. En Santiago son preto de dez.
Tras a situación crítica que viven en Celanova, con só catro traballadores ao límite para atender a todos os residentes, a Xunta anunciou que enviaría máis traballadores de reforzo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.