A UVigo non descarta prolongar o calendario lectivo e Celáa proporá suspender as probas de avaliación

Estas probas deixaron ter efectos académicos en 2016, pero algunhas autonomías aínda as seguen facendo.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 24/03/2020 | Actualizada ás 20:20

Comparte esta noticia

A Universidade de Vigo celebrou este martes a primeira reunión virtual da súa Consello de Goberno, na que o reitor, Manuel Reigosa, trasladou que a institución tentará, "se é posible", que o curso académico termine "en prazo", aínda que precisou que se traballa noutros posibles "escenarios" ante as medidas adoptadas con motivo da crise do coronavirus, entre elas, prolongar o calendario lectivo.

Exame de Selectividade 2015
Exame de Selectividade 2015

Reigosa admitiu que, ante a incerteza do que ocorrerá nas próximas semanas, e "sendo realistas" porque cabe pensar que a reapertura das aulas será a última medida da volta á normalidade, a UVigo está a traballar "con dous escenarios": que se poida manter a docencia e a avaliación sen modificar o calendario, ou que haxa que prolongar o curso académico. En calquera caso, as decisións tomaranse de acordo coas direccións dos centros, matizou, xa que "na reprogramación do curso temos que ir todos a un tempo".

Por outra banda, Reigosa confirmou que o equipo de goberno da UVigo non promoverá expedientes de regulación de emprego para o persoal da institución. "Polas nosas contas saneadas podemos permitirnos algún esfuerzzo para que as persoas sufran o menos posible", afirmou e explicou que mesmo se está negociando coas empresas coa que traballa a Universidade para que non apliquen ERTEs e poidan seguir prestando servizos mínimos.

GOBERNO CENTRAL

Por outra banda, a ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, proporá este mércores ás comunidades autónomas suspender en toda España as probas externas de avaliación para estudantes de Primaria e Secundaria deste curso. Algunhas comunidades como Madrid ou Cantabria xa decidiran non realizar as probas tras a suspensión das clases decretada polo Goberno para conter a propagación do coronavirus.

A reunión, convocada a semana pasada pola ministra, ten como único punto da orde do día abordar a incidencia da crise do coronavirus no sector educativo. Ademais, o Ministerio pretende acordar coas comunidades autónomas un novo calendario para a Selectividade, despois do acordo da semana pasada para atrasar as probas de acceso á universidade.

As avaliacións que Celaá propón suspender son as que deben realizar cada curso os alumnos de terceiro e sexto de Primaria, así como os estudantes de cuarto de Secundaria, como establece a vixente Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), impulsada polo exministro José Ignacio Wert e aprobada en 2013 polo Partido Popular.

Estas probas deixaron ter efectos académicos en 2016 cando Íñigo Méndez de Vigo relevou a Wert á fronte do Ministerio de Educación. Entón estableceuse que os seus resultados non puidesen ser utilizados para "o establecemento e publicación de clasificacións dos centros", como contemplaba a LOMCE.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta