Temas: FRASEOLOXíA

Expresións galegas equivalentes á castelá “el agua cría ranas”

O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".

Por Xosé Antonio Pena | Compostela | 29/03/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Ás veces sáennos da alma; outras dicímolas a xeito de brincadeira ou para facer a graza. O certo é que, sexa como for, e sobre todo cando nos reunimos arredor dunha mesa para ou bo xantar ou cea ou mesmo cando estamos a tomar algo nunha taberna ou local polo estilo, dispomos de expresións abondas para dar a entender que non queremos que nos sirvan auga, senón que preferimos viño ou outro tipo de bebida alcólica. Vexamos algunhas delas:

Rabilonga, Sapiño Comadrón, Sapo de Esporóns e a ra Estroza, parte da fauna anfibia galega afectada
Rabilonga, Sapiño Comadrón, Sapo de Esporóns e a ra Estroza, parte da fauna anfibia galega afectada

El agua cría ranas # es para las ranas

{= Expresións con que alguén desbota utilizar auga, e sobre todo con que rexeita beber auga ou se escusa de beber auga, nomeadamente porque prefire tomar algún tipo de bebida alcólica.}

A auga estraga os camiños # desfai os camiños

A auga é para os peixes

A auga é para lavar os pés

A auga fai tolear os muíños

A auga fura a barriga

A auga fai mal e o viño fai cantar

A auga polo río abaixo vaia, e pola gorxa non caia

A (moita) auga cría ras

A auga, para as boas mozas && A auga é para as boas mozas

A auga é para as ras

A auga, para os lameiros

Ex.: ¡Agua no! Échame vino, que el agua cría ranas.

¡Auga non! Bótame viño, que a auga estraga os camiños desfai os camiños é para os peixes é para lavar os pés fai tolear os muíños fura a barriga # fai mal e o viño fai cantar.

● Tamén:

El agua cría ranas y el vino no tiene esa maña && El agua cría ranas y pudre la madera: con el cuerpo, ¿qué no hiciera?

(A) Auga, para os peixes, e para os homes, viño a feixes && O viño dá forzas, e a auga quítaas todas

● Incluso tamén, nesta mesma liña, e quizais conferíndolle, se cabe, un maior ton de carallada e chacota:

Eu non son digno de beber a auga sen viño

● E inda tamén, en contextos (sobre todo naqueles en que se está a comer polbo):

Ó polbo, botarlle aceite, e ó estómago, viño, que de auga xa vén fartiño && O polbo vén de auga fartiño: quere aceite no prato e no estómago viño && [E NUNHA LIÑA SEMELLANTE, NOMEADAMENTE CANDO SE ESTÁ A COMER PEIXE]: Os peixes queren viño, que de auga xa veñen fartiños

NOTA:

1. Nótense as imaxes empregadas en relación cos usos, “utilidades” ou calidades da auga: a auga fai que os camiños queden estragados ou en peor estado do que estaban; nela viven os peixes; a auga, ¿para que máis a queremos ca para lavar os pés?; cando chove moito, a auga é a que fai que a moa do muíño xire (canta máis auga, máis forza; e canta máis forza, en principio xira a maior velocidade –noutras palabras, “tolea”–); etc.

2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:

- Recolleita propia da oralidade galega.

- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).

- Castro Otero, Salvador et alii: “Botando unhas liñas no mar do Morrazo”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 127-150. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Ferro Ruibal, Xesús & Surribas Díaz, Noelia: “Locucións, fórmulas e paremias galegas anotadas por Couceiro Freijomil (1888-1955)”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 16, 2014, páxs. 319-355. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- López Ferro, Xosé María: “Locucións, fórmulas e paremias do concello das Pontes de García Rodríguez”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 17, 2015, páxs. 135-178. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Losada Álvarez, Ramón & Fernández Pampín, Vanesa: “Falares de Boqueixón”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 19, 2017, páxs. 151-213. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Rodríguez González, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego castellano, vols. I (1958), II (1960) e III (1961). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).

- Vázquez, Lois: “Refranero gallego. Colección hecha por el P. Gumersindo Placer López”. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 4, 2003, páxs. 143-171. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Vázquez Saco, Francisco: Refraneiro galego e outros materiais de tradición oral. En Cadernos de Fraseoloxía Galega, 5, 2003. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

- Zamora Mosquera, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Ed. Galaxia, 1972, Vigo.

Temas: FRASEOLOXíA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta