Feijóo cala sobre o material que non lle chega aos sanitarios galegos mentres defende o envío de axuda a Madrid

E, a pesar de mandar respiradores á capital do Estado pide que sexa o Goberno de Sánchez o que compre novos respiradores para Galicia. “Se a alguén lle importa ser galego neste momento é un plantexamento ético reprobable", di.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/03/2020 | Actualizada ás 15:17

Comparte esta noticia

“Numerosos concellos e, mesmo a Deputación de Pontevedra, denuncia o envío de material caducado e en mal estado. Non comproba a Xunta o material que ten nos almacéns? E, se vostede mesmo recoñeceu que tiña 500.000 máscaras en stock, por que ese material, sobre todo máscaras, non chega aos centros sanitarios e residencias de anciáns, tal e como denuncian os profesionais, mentres destina outro material a Madrid?”. Foron as preguntas que Galicia Confidencial lle fixo este venres ao presidente da Xunta na rolda de prensa telemática posterior ao Consello da Xunta.

Feijóo, tras o Consello da Xunta. XUNTA
Feijóo, tras o Consello da Xunta. XUNTA

E a súa resposta foi moi elocuente. “Está suficientemente explicado e non é necesario insistir no mesmo”, dixo tanto para explicar o envío de material caducado a concellos como o non envío do material que ten en stock aos sanitarios galegos que denuncian estar escasos de máscaras, guantes, batas e outros obxectos básicos.  Iso si, non tivo reparos en defender o envío de equipos da UCI a Madrid.

“Iso non é un sálvase quen poida, senón un salvémonos todos los que podamos”, dixo ao tempo que explicou que Galicia ten respiradores en almacéns que pode mandar a Madrid.

AXUDA A PEDRO SÁNCHEZ

Con todo, volveu insistir e en pedir axuda ao Goberno de Sánchez para que lle axuda a mercar máis material, sobre todo, respiradores, camas e equipos UCI. “Non é mesmo comprar respiradores en China para 3 millóns que para 47”, dixo.

Ademais criticou a aqueles que só queren que todo quede en Galicia. “Aquí funcionamos como un país. Se alguén lle importa ser galego neste momento é un plantexamento ético reprobable . E se o din só polo de ser galegos, que teñan en conta que máis de medio millón de galegos que viven e traballan en Madrid e que todos temos familiares en Madrid”, insistiu.

Neste sentido, suliñou que a axuda que presta agora á capital do estado e a un goberno do Partido Popular que privatizou a sanidade pública desa autonomía, como en Galicia, será “amplamente devolta”. “Estou convencido, porque coñezo a esa autonomía, que cando nós o precisemos imos ter multiplicado esta mínima mensaxe de solidariedade”, dixo.

Si tenemos respiradores que no estamos utilizando, pues se los podemos prestar a outra gente. Estariamos más aliviados de tenerlos aquí pero iría en contra de planteamientos éticos. Cuando la ola baje en Madrid y suba aquí, pues Madrid será más solidario que Galicia y lo que se ha hecho es lo correcto”, insisistiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

6 Lolo

O de feijoo non ten Nome, intenta ser un embaucador para o pobo galego , e acaba de quedar como o qué e..un trilero, saco unha bola por aquí( falta material) ,o cal e por culpa niña, pero digo e por culpa de Sánchez, amoso a bola, e despois digo que hoy ceder material a Madrid ( Volvo esconder a bola) o personal sanitario non da crédito a actuación tan cínica deste presidente que di ser de todos os galegos..

5 Ros

Feijoo critica à Sanchez pedindo material e cando llo dan...el dàllo aos madrileños

4 Valdeorras Nazon

A única saida é pechar as cidades galegas. No rural non tiñamos esta peste ata que os pijos urbanitas chegaron a gozar do weekend na sua segunda casa.

3 Ana

Cando morran galegos por falta de respiradores todos os galegos que lle aplauden a "solidaridade" con Madrid supoño que estarán encantados de quedar sen el. ¿Dónde esta a solidaridade con Galiza cando a precisamos?. Aquí seguen emigrando galegos, seguimos sen "tarifa eléctrica galega" cando hai risco de peche de emoresas polo prezo da enerxia e temos que apagar nos os incendios e sacar o chapapote. A solidaridade nunca pode ser a costa de deixar sen medios aos teus. E se queres ser solidario faino con todalas autonomias (incluida Cataluña) e non so con Madrid pq senon es un falso solidario que busca tapar as políticas neoliberais do PP na sanidade madrileña.

2 expaña non sirve

e un lacaio dos mandriles, os de mandriles tiraron os cartos en festas e todo tipo de roubos, o pepeiro privatizou moito, remataron coa sanidade, fixeron autenticos estropicios e agora veu isto, nas coarentenas o primeiro que se fae e pechar o foco dos infecciosos, mandriles e o virus expaña a pandemia... teñen que pechar o forúnculo contaxioso para que non estrage todo... Madrid e sitio malo sempre o foi, o mellor e independizarse de toda esta panda...