Gonzalo Caballero apoia a decisión do Goberno priorizando a saúde e "paralizar" a actividade non esencial

O secretario xeral do PSdeG pediu á Xunta "traballar con lealdade" xunto ao Goberno, "reforzando as medidas de protección da cidadanía e dos traballadores, que están a atravesar situacións moi complexas" a consecuencia da pandemia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2020 | Actualizada ás 18:59

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou o seu apoio ao Goberno do Estado ao considerar que "acerta" ao priorizar a saúde e paralizar a actividade económica non esencial durante dúas semanas para facer fronte á pandemia do coronavirus.

Nun comunicado remitido aos medios, o xefe de filas dos socialistas galegos mostrou o seu apoio á medida publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) e asegurou que por diante quedan "semanas moi complicadas" porque o sistema sanitario "estará ao límite".

Deste xeito, pediu á Xunta "traballar con lealdade" xunto ao Goberno, "reforzando as medidas de protección da cidadanía e dos traballadores, que están a atravesar situacións moi complexas" a consecuencia da pandemia.

"En Galicia temos que pór o foco nas residencias de maiores e de persoas con diversidade funcional", nas que hai máis de 300 contagios, e en "fortalecer a sanidade pública", co obxectivo de "contribuír entre todos na saída do túnel".

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pariticipa na reunión por videoconferencia con Alberto Núñez Feijóo e o resto de líderes políticos de Galicia. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pariticipa na reunión por videoconferencia con Alberto Núñez Feijóo e o resto de líderes políticos de Galicia. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

PSOE-UP vailles ben coa prórroga do Estado de Alarma (Viktor Orbán Ditadura na UE!) Aquí en 16 días xa levamos 216.000 DENUNCIAS e 1850 DETENCIÓNS !!! Se non nos mata o virus, seguro que o fará o Goberno !!! DomusVi en 2018 tivo 22 M de beneficios, pero non tiñan para mercar máscaras, luvas nin lixivia ? F.D.P. !!!