Cinema de animación para a corentena

Existen filmes de animación para todos os gustos. Por iso aquí vos deixamos unha serie de recomendacións para que abrades boca con ellas e vos animedes a explorar logo pola vosa conta.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 01/04/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Cada quen ten os seus gustos cinematográficos desde logo, con todo queremos elaborar unha listaxe de propostas que podan servirvos como entretemento e diversión. Aquí van.

Comando remoto
Comando remoto | Fonte: Pixabay

Youtube

A ver, non, non é un biopic sobre os creadores desta rede social. O que queremos dicirvos é que Youtube pode ter unha serie de canles onde diferentes afeccionados deixan as súas recomendacións cinematográficas. Existen mesmo aquelas que poden ter un número elevado de filmes para botar unha boa tempada sen erguerse do sofá, da cama ou de onde prefirades estar. Neste link veredes algo de todo, desde terror a filmes de acción e algunha comedia. Recomendable.

South Park, máis grande, máis longo e sen cortes (South Park; bigger, longer & uncut) Tery Parker (1999)

A serie de animación de TV  que máis puxo en solfa a famosos, políticos, artistas, ao sistema educativo, á familia etc. Este é o filme da serie onde poderemos ver como desfilan parodias de diferentes personaxes da época (hai xa vinte anos) pero que aínda non perdeu o seu aquel de filme malote. Para ter unhas boas risas.


Ghost in the shell, de Mamoru Oshii (1995)

Este anime vén precedido pola súa fama. Complicado de entender nunha primeira vez, non obstante se se busca un filme animado de acción este sen dúbida é o que recomenda a maioría. Un mundo futurista onde non se sabe quen é robot e quen é humano. Desde logo que como filme de acción tampouco ten perda, por iso o recomendamos se é que aínda non o vistes ou queredes velo outra vez.

Akira, de Katsuhiro Otomo (1988)

Si, outro anime, mais é que este é o clásico dos clásicos.  O padrón é o dun Xapón post-apocalítico onde unhas bandas rivais de motociclistas compiten entre ellas polos seus territorios. Nun momento dado, o protagonista, Shotaro Kaneda descubre nun accidente o que pode ser un experimento do goberno con humanos. Considerada como unha das producións de animación máis importantes do xénero. Moi recomendable.

Buñuel en el laberinto de las tortugas, de Salvador Simó (2018)

Unha historia arredor de como Luís Buñuel consegue levar adiante o seu proxecto de rodar Las Hurdes. Tierra sin Pan. Un conxunto de casualidades e contratempos van marcando o terreo para que Buñuel poda facer realidade o traballo que lle abrirá as portas ao recoñecemento tanto nacional como internacional.

As vaixes de Gulliver (Gulliver´s Travels) de Peter R. Hunt (1977)

O protagonista é o actor Richard Harris, (Un home chamado caballo) nun film que foi dos primeiros en combinar a imaxe real co deseño animado. O protagonista do filme é un home que pode comezar a súa carreira como médico en Londres, mais en vez diso o que fai é embarcarse para buscar aventuras que o levarán a coñecer seres e lugares fantásticos.

Todas as de Asterix

Si, así de simple. A morte de Albert Uderzo o pasado 24 de marzo deixou completamente orfos a Asterix, Obelix, Panoramix e todas as xentes da aldea gala que aínda non fora ocupada polos romanos. Desde Asterix e Cleopatra pasando por Asterix en Hispania e Asterix en Britania, todas as adaptacións ao cinema das obras de Goscinni e Uderzo sobre os galos resistentes merecen a pena.

Polo de agora nada máis. En breve virán novas recomendacións para pasardes o tempo na casa.



Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta