Auga seca, primeira serie en lingua galega do catálogo HBO

A serie Auga seca convértese a partir deste mércores na primeira serie en lingua galega do catálogo HBO. A

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/03/2020 | Actualizada ás 20:46

Comparte esta noticia

A serie Auga seca convértese a partir deste mércores na primeira serie en lingua galega do catálogo HBO. A ficción, rodada entre Vigo e Lisboa, e producida por Portocabo e SPi --distribuída por DCD Rights--, incorpórase ao catálogo de HBO España e Portugal, tras a adquisición dos dereitos de emisión.

Rodada orixinalmente en galego e en portugués, convértese, así, na primeira serie galega que se incorpora á lista da plataforma, que tamén a ofrecerá en versión dobrada ao castelán e con subtítulos en español e en inglés. O 17 de xaneiro estreouse na RTP1 e o 7 de febreiro na TVG.

Auga Seca, que xa finalizou "con éxito" a súa emisión en Televisión de Galicia e RTP, é un thriller que vira ao redor de tráfico de armas e as súas conexións co mundo empresarial. Nel, a actriz portuguesa Vitoria Guerra traballa á beira dos recoñecidos actores galegos Monti Castiñeiras e Sergio Pazos como protagonistas.

Os actores galegos Eva Fernández, Pomba Saavedra, Santi Romay, Cris Iglesiaas, Adrián Ríos e os portugueses Adriano Luz, Joana Santos, Igor Regala e João Arrais son algúns dos nomes que completan o elenco internacional da serie.

Fotograma da serie Auga seca. JAIME OLMEDO / JAIME OLMEDO / Europa Press
Fotograma da serie Auga seca. JAIME OLMEDO / JAIME OLMEDO / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta