O ensino telemático afonda nas desigualdades entre o alumnado: “O tema de Internet xa tiña que estar superado"

"O 80% ten conexión a Internet, pero non podemos deixar descolgado o outro 20%", di a presidenta do CPI de Cervantes. "Os que ían ben, seguirán indo ben. Pero os que ían coxeando...". Unha mestra da ESO no Courel destaca as dificultades para atender á diversidade neste contexto: "Hai nenos cuxos pais teñen tempo e ferramentas para axudarlles, pero outros non". Ambas piden unha maior claridade nas directrices da Consellería de Educación, cuxa xestión cualifican de "caos".

Por Silvia López | LUGO | 02/04/2020 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia