Os xabaríns aproveitan a falta de visitantes para causar desfeitas no Parque do Pasatempo de Betanzos

Os porcos bravos accederon por un peche metálico que estaba estragado.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 06/04/2020 | Actualizada ás 18:40

Comparte esta noticia

O Concello de Betanzos (A Coruña) denunciou diversos danos nas zonas verdes do parque do Pasatempo "como consecuencia da presenza de xabaríns", informa. En concreto, explica que este luns pola mañá os servizos municipais revisaron as instalacións, que permanecen pechadas polo estado de alarma, para valorar os danos.

Tamén revisarán o peche metálico que rodea o parque para sustituir o tramo polo que accederon os porcos bravos  ao recinto, no que por primeira vez estes animais ocasionan danos nesta zona.

No seu comunicado, o Consistorio lembra que solicitou o ano pasado a Medio Ambiente "actuacións concretas" en varios lugares de Betanzos "polas importantes desfeitas e danos, reforzando a petición que tamén realizaron os propios veciños afectados á Xunta, xunto coa presentación dunha recollida de firmas".

Por outra banda, alude aos danos que os xabaríns "ocasionan en plantacións agrícolas" do municipio ante a incursión destes animais nas parcelas de cultivo.

Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo, en Betanzos
Estanque do Retiro no Parque do Pasatempo, en Betanzos | Fonte: Galipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta