O confinamento fai que aumenten até cifras históricas as procuras no dicionario da RAG

Creceron en marzo un 42% respecto ao mes pasado, por enriba das 113.000 diarias.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/04/2020 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O dicionario en liña da Real Academia Galega pechou o mes de marzo coa cifra máis elevada de procuras da súa historia, por enriba das 113.000 diarias, segundo informa a institución académica.

Dicionario da RAG.
Dicionario da RAG.

En total, foron 3.503.934, un 42% máis que no mes previo e un 69% por encima das rexistradas en marzo do ano anterior, precisa.

Respecto diso, indica que a evolución positiva no uso desta ferramenta é "constante desde hai anos". "Reflexo da utilidade social que cobrou aínda máis sentido en pleno confinamento", remarca.

Así, considera que o "forte incremento das procuras no mes pasado está claramente asociado á entrada en vigor do decreto de alarma" debido á pandemia da COVID-19. "Que obrigou ao alumnado de todas as etapas a seguir formándose por medios telemáticos a partir do pasado 16 de marzo", engade.

As 113.000 consultas diarias do dicionario virtual da RAG representan un aumento por enriba do 60% das rexistradas en 2019 "cando o exercicio pechou con case 26 millóns de procuras que representan unha media de 70.000 ao día e un 26% máis que só dous anos antes".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta