O coronavirus cébase coas residencias: máis da metade dos 17 mortos este xoves eran usuarios destes centros

O número de mortes totais ascende a 305, deles, 117, case o 39% son usuarios de residencias de maiores.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 09/04/2020 | Actualizada ás 22:54

Comparte esta noticia

A confirmación de oito novos falecidos en hospitais galegos nas últimas horas eleva as cifras de mortos en Galicia ata os 305 casos, entre estes centros sanitarios e residencias de maiores. A xornada do xoves saldouse cun total de 17 falecidos a causa do coronavirus, dos que trece foron persoas ingresadas en centros hospitalarios. E deses, nove eran usuarios de residencias de maiores.

Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez  Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 /   © Miguel Núñez
Personal de ambulancia con traxe de proteción contra o coronavirus / @miguelnuñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez Técnicos sanitarios dunha ambulancia nunha chamada para atender un posible caso de coronaviurs COVID 19 / © Miguel Núñez

Así, dos maiores falecidos, cinco morreron en hospitais e outras catro persoas faleceron en centros residenciais. O computo ascende xa a 61 vítimas nestas instalacións e outras 56 en hospitais. En concreto, dous na residencia DomusVi de Cangas, un na DomusVi Barreiro e outro na residencia Moledo, estas dúas últimas en Vigo, segundo indica Sanidade.

Así, desde que se iniciou a alerta pola pandemia, morreron 16 maiores no centro DomusVi de San Lázaro, 13 no DomusVi de Cangas, outros 11 na residencia A nosa Señora da Esperanza, 8 na DomusVi do barrio vigués de Barreiro, un na residencia Moledo (Vigo), 6 no Portazgo (A Coruña), un no Fogar Bellolar, outro na residencia de Castro Caldelas, un máis en Remanso Claudina-Somoza (A Coruña), un en San Carlos de Celanova, outro na residencia Divino Maestro (Ourense) e un na residencia de Bande.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

A ver se conseguimos cadrar os mortos ? Existe algunha outra web da Xunta que teña datos en tempo real ou seguimos contando mortos cuarta máis cuarta menos ? https://www.xunta.gal/notas-de-pren...