O Bispado de Ourense: "Facemos o que podemos, rezamos por eles"

Un voceiro do bispado ourensán sobre o que acontece na residencia, Nuestra Señora de la Esperanza, onde hai máis de 100 contaxiados. Na residencia San Carlos, de Celenavoa, os familiares quéixanse de que non teñen persoal sanitario.

Por Moncho Mariño | Santiago de Compostela | 17/04/2020 | Actualizada ás 11:38

Comparte esta noticia

Nuestra Señora de la Esperanza, é un centro de maiores dependente da Fundación San Rosendo en Ourense . Cando se coñeceron os primeiros positivos, familiares de usuarios internos chamaron a Galicia Confidencial para saber se era certo xa que logo de chamar á residencia "as monxas dicían que non tiñan constancia de nada".

Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo
Un auxiliar de enfermería protexido contra o coronavirus transporta unha padiola desde unha ambulancia para trasladar un enfermo | Fonte: Miguel Núñez

Hoxe é o principal centro de contaxio na provincia de Ourense. Alí morreron xa 18 usuarios no propio centro, sen que, polo  momento, se saiba o número exacto de mortos xa que a Xunta non facilita o dato dos falecidos desa residencia trasladados ao hospital. Actualmente hai 102 maiores e 35 traballadores contaxiados nestas instalacións.

Tras a falta de comunicación inicial, familiares chamaron explicacións ao bispado de Ourense. Finalmente, accederon a ter un encontro con representantes de familiares. O encontro saldouse coa resposta do representantes eclesiásticos: “Facemos o que podemos, estamos rezando por eles”.

SAN CARLOS DE CELANOVA

Outro dos focos do contaxio nesta provincia é a residencia San Carlos de Celanova, pertencente á Fundación San Carlos. Foi o primeiro gran foco masivo en Galicia e no que, grazas a entrega das traballadoras do centro evitouse, probablemente, unha traxedia. Polo momento, a Xunta só computa un morto na propia residencia pero non facilita os datos dos usuarios dese centro que morreron no hospital. Actualmente, hai 21 usuario e 18 traballadores contaxiados.

Non obstante, ao principio sete persoas non puideron ser trasladas a Baños de Molgas, unha das residencias integradas da Xunta. É o caso da tía de María, persoa dependente e que non puido ser levada á residencia de Baños por “non estar habilitada para garantir a súa mobilidade”. Pouco a pouco foron chegando pacientes que se recuperaron en Baños de Molgas.

Os familiares enviaron un comunicado para que a administración galega se faga cargo da residencia. “Foi das primeiras en ter positivos por coronavirus”. Moitos dos empregados acabaron dando positivo quedando só catro auxiliares.

SEN MÉDICO E ENFERMEIRA

Houbo contratación de persoal, mais agora mesmo non hai médico nin enfermeira. Os labores médicos estaos levando persoa do PAC (Punto de Atención Continua) de Celanova. “As auxiliares facían máis do que podían facer”. Ademais das contratacións, tamén se reincorporou persoa que estaba de baixa.

A isto engádese a angustia dos residentes que “non entenden por que non podes ir”, di María, debido ao illamento por cuestións de seguridade.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Sentidiño

O bispado é "responsábel último" porque a propiedade e a xestión son do chiringuito baltar-católico "Fundación San Rosendo", creada con cartos públicos e centrada agora nas residencias de maiores tras o fracasodos negocios anteriores: adxudicataria a dedo sobre terreos públicos da residencia de estudantes do campus, subvencionada para construír tres balnearios e os seus hoteis (Arnoia, Laias e Lobios, agora privatizados como "Grupo Caldaria". O enchufado e director de todo foi un cura trabucaire, delincuente convicto: Benigno Moure. O señor bispo d'oréns pouca culpa ten.

1 Geronimus

Chiringuito baltarista do que viven distinguidos bloqueiros e membros de sindicatos comunistas, ou non?

2 Gamela

Sen o Bispado de Ourense sería imposible que existira a Fundación San Rosendo, San Martín, Amalia Filomena Mera Somoza... http://www.fundacionsanrosendo.es/q... e tantas e tantas outras fundacións ao amparo dunha lei especial para Fundacións da Igrexa (de todas elas os bispos son socios fundadores e últimos depositarios do patrimonio das mesmas!) Alguén debera investigar a fondo todo este PATRIMONIO ROUBADO dende as altas instancias eclesiásticas coa disculpa da CARIDADE ! https://flic.kr/p/RboG8y

1 Fanheca

" Estamos rezando por eles ". Si home, o rosario. Eu son ateo, poñédeme mellor un respirador.