A Xunta desconta días das vacacións aos traballadores do Seaga polo coronavirus

Tamén restará un día de asuntos propios.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 20/04/2020 | Actualizada ás 10:35

Comparte esta noticia

A empresa pública Seaga comunicoulle aos seus traballadores que descontará varios das súas vacacións e un día libre de asuntos propios por non chegar a un acordo sobre a recuperación das horas de traballo derivadas do segundo Estado de Alarma decretado polo Goberno central dende o pasado 30 de marzo ata o 9 de abril.

Alfonso Rueda asinan a traballadores do Seaga que loiten contra a velutina. XUNTA - Arquivo
Alfonso Rueda asinan a traballadores do Seaga que loiten contra a velutina. XUNTA - Arquivo

Nunha comunicación aos traballadores á que tivo acceso Galicia Confidencial, esta empresa da Xunta que toma esta decisión logo de non chegar a ningún acordo cos traballadores e superado o tempo de consulta.

Deste xeito, Seaga acordou descontar sete días das vacacións e un de asuntos propios do seu persoal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Manuel..

Se non queren recuperar as horas, que lle reclamen a Iolanda, que foi quen os mandou pa casa.