(Vídeo) Aprende a fabricar o teu propio instrumento musical na casa

O músico e instrumentista Abraham Cupeiro explica nun vídeo duns catro minutos como construír unha frauta cunha palliña e unhas tesoiras.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/04/2020 | Actualizada ás 22:35

Comparte esta noticia

"Hai miles e miles de anos, un pastor que andaba polo monte, cunha palliña na súa boca, decatouse de que podía facer un son se sopraba por ela...". Con este singular comezo de historia, Abraham Cupeiro, musicólogo, instrumentista, luthier e coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Conservatorio da Coruña, quixo agasallarnos cun pequeno vídeo no que nos explica os pasos para fabricar unha frauta na casa. 

Abraham Cupeiro explica como facer un instrumento caseiro
Abraham Cupeiro explica como facer un instrumento caseiro | Fonte: Facebook Abraham Cupeiro

Pouca cousa se precisa: basta cunha palliña, unhas tesoiras e algo de maña. Uns cantos cortes e a soprar! O resultado é verdadeiramente sorprendente. Unha boa iniciativa para practicar coa rapazada máis cativa da casa e para levar con mellor ánimo este confinamento que para algúns xa comeza a pesar.

E se quedaches con fame de máis, non é este o único vídeo que nestes días anda subindo ás súas redes Abraham Cupeiro. Dende o Equipo de Normalización Lingüística veñen de comezar unha nova entrega de vídeos nos que o músico presenta e toca instrumentos das máis diversas partes do mundo.

E ata é capaz de facer música cunha cervexa! Se é que non hai escusa!

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta