Todos os alumnos do IES de Allariz poderán 'tele-estudar'

O concello, unha empresa privada e a solidaridade da veciñanza fan posible que todos os rapaces e rapazas deste centro escolar teñan dispositivos portátiles nas súas casas.

Por X.M. Fernández | Allariz | 23/04/2020 | Actualizada ás 08:35

Comparte esta noticia

O Concello de Allariz, en colaboración co centro de ensino -encargado de analizar as necesidades por mor da fenda dixital existente-, traballaron para cubrir as necesidades do alumnado á hora de manter un seguimento óptimo das clases a distancia.

Entrega de ordenadores a través de Protección Civil. Foto: Prensa Allariz
Entrega de ordenadores a través de Protección Civil. Foto: Prensa Allariz

O obxectivo de chegar a toda a xente que o necesitaba foi posible grazas a unha doazón de 20 dispositivos por parte da empresa Primux, á colaboración de particulares que achegaron tamén ordenadores que non usaban, e á compra de dispositivos por parte do propio concello para cederllos ao centro durante esta tempada, mentres as clases se manteñan a distancia.

Un informático de Allariz realizou, de forma altruísta, a posta apunto dos dispositivos para comezar a usalos, traballo ao que se ofreceron de forma desinteresada moitos máis  profesionais do sector.

O reparto dos equipos informáticos realizouse grazas ao persoal de Protección Civil, e dende o consistorio agradecen a colaboración de todas as persoas nesta iniciativa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 cesc

Bravo!