O Consello de Contas convoca un premio para traballos de investigación sobre a corrupción

Levará o nome de Carlos G. Otero Díaz e ten coma obxectivo "promover a investigación en materias relacionadas coa prevención da corrupción nas administracións publicas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/04/2020 | Actualizada ás 10:07

Comparte esta noticia

O Consello de Contas anunciou este luns a convocatoria do I Premio Carlos G. Otero Díaz, para traballos de investigación relacionados co ámbito da corrupción.

Como órgano de control externo con competencias en materia de prevención da corrupción, o Consello ten un "gran interese en promover a investigación en materias relacionadas" con esta cuestión, así como "coñecer aquelas iniciativas de carácter científico que poidan contribuír á análise dos temas propios das súas funcións".

Unha das formas de contribuír a este obxectivo consiste en "empregar instrumentos que incentiven a elaboración de traballos relacionados coa prevención da corrupción no sector público, nas súas diversas vertentes, como son os premios de investigación", apunta o Consello.

Por iso, en setembro de 2019, a entidade creou o Premio de investigación Carlos G. Otero Díaz, para "promover a investigación en materias relacionadas coa prevención da corrupción nas administracións publicas".

De acordo coas súas bases, poderán concorrer ao premio os autores ou coautores de traballos de investigación que residan nalgún dos países da UE, e que poderán ter a condición de persoa física ou grupo de investigación. Quedan excluídas aquelas persoas que tivesen a condición de membro ou persoal do Consello de Contas nos dous anos anteriores á convocatoria do premio e, en edicións posteriores, os que xa fosen recoñecidos co primeiro premio e os membros do xurado.

O prazo de presentación dos traballos comezará este martes e terminará o 31 de outubro de 2020. A decisión do xurado coñecerase o 30 de novembro. Os galardóns, dotados cun importe global de 4.500 euros, serán repartidos con 3.000 euros para o primeiro premio e 1.500 para o segundo. Se son declarados desertos, poderanse conceder ata tres accésit de 1.000 euros cada un.

Hermanager Humor-Corrupción Merda
Hermanager Humor-Corrupción Merda

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta