Por gcdeportes | Burela | 08/12/2012 | Actualizada ás 09:00
Se os de Julio Delgado están últimos na táboa, aínda sen puntuar tras sete xornadas, as cousas non lles vai moito mellor aos canarios, xa que son antepenúltimos, con tan só catro puntos, os mesmos que ten o Puertollano, situado penúltimo.
Ademais, o Galdar chega a Galicia con importantes baixas. Nin Glauber nin Victor Cachón poderán xogar por lesión. Quen si estará será Edu, un dos capitáns do equipo marinense, que leva adestrandose co resto dos seus compañeiros dende principios da semana.
Duelo igualado
Será este un duelo moi igualado entre dous recén ascendidos, cunha importancia engadida para os galegos segundo declarou o seu técnico Julio Delgado ”Xogámonos moito deportiva e animicamente”.
No Galdar, os comentarios chegaron por parte dunhas das novas incorporacións desta tempada, Arsensio, quen explicou que “todos os partidos son importantes e este aínda máis. Eles poden gañar tres puntos e a nós non nos pasa nada. Porén, se gañamos, damos un paso importante nas nosas aspiracións e deixaríamos a un rival directo bastante tocado”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.