Oito millóns de EPIs repartíronse entre os 313 concellos galegos, residencias e pemes

No caso das sete cidades galegas, trátase de 416.400 equipos de protección individual.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2020 | Actualizada ás 16:15

Comparte esta noticia

A Xunta enviou preto de 8 millóns de unidades de protección aos 313 concellos galegos, ás residencias e centros sociais da comunidade e a pequenas e medianas empresas e autónomos durante o primeiro mes de funcionamento da plataforma loxística Clonegal.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este sábado este centro loxístico, desde onde se distribúe o material de protección para dar cobertura ás necesidades de todo o persoal involucrado na loita contra a expansión do coronavirus, excepto o sanitario.

Na súa visita, destacou que o repartición se realiza de maneira centralizada e programada para axilizar o proceso, co obxectivo de "abastecer a todas entidades e particulares que pediron apoio á Xunta do material que necesitaban e que non podían conseguir cos seus medios". Os envíos desde a plataforma levan a cabo grazas "á cesión das instalacións e da experiencia loxística" da empresa Jevaso, á que o vicepresidente da Xunta agradeceu a súa "implicación".

O xerente de Jevaso, Jesús Vázquez, sinalou que a entidade decidiu asumir a petición da Xunta para encargarse da distribución, ao considerar que "todas as empresas e cidadáns deben contribuír na medida das súas posibilidades para saír xuntos da actual situación de crise sanitaria".

CONCELLOS, ENTIDADES E EMPRESAS

Nesta distribución, os concellos galegos, incluídas as cidades, recibiron máis de 1,5 millóns de unidades de protección. No caso do sete cidades galegas, trátase de 416.400 equipos de protección individual.

A Xunta realizou ademais esta semana un novo envío ás residencias e entidades sociais galegas públicas e privadas. Trátase da quinta entrega que, xunto coas anteriores, suman 2,2 millóns de unidades. Entre os elementos enviados inclúense máscarillas, luvas, traxes antisalpicaduras, batas, calzas, gorros e pantallas faciais e oculares, ademais de xel hidroalcohólico, lejía e desinfectante.

Tamén están a recibir material os empresarios e autónomos galegos, xa que a Xunta enviou desde a plataforma Clonegal preto de 4 millóns de máscarillas aos clusters e asociacións de empresarios e autónomos galegos.

O 90% dos equipos que saen do centro foron fornecidos pola Administración autonómica. Por iso, o vicepresidente da Xunta solicitou "unha maior coordinación entre administracións e máis implicación do Estado", coa finalidade de "garantir a dotación de material á poboación".

Luvas e máscaras sanitarias
Luvas e máscaras sanitarias

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta