A Deputación de Pontevedra lanza unha campaña de posta en valor do produto de proximidade

'#PontevedraProvincia na túa cesta' pretende enxalzar o produto de proximidade e as persoas produtoras e defender o consumo local.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/05/2020 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, compareceu este luns nunha rolda de prensa telemática para informar sobre a Xunta de Goberno na que anunciado unha nova campaña de posta en valor do produto de proximidade no marco da crise sanitaria polo coronavirus COVID-19.

Esta campaña denominada '#PontevedraProvincia na túa cesta' pretende enxalzar o produto de proximidade e as persoas produtoras e defender o consumo local. "Promovemos a gastronomía entre a nosa veciñanza e potenciais visitantes porque é un activo de atracción", sinalou Carmela Silva ao vincular esta iniciativa coas promocións que tamén se fan no campo do turismo.

A presidenta da Deputación provincial indicou que con esta campaña pretenden "contribuír á reconstrución do produto e comercio da provincia", á vez que se fai un "recoñecemento ás persoas que traballan para que ter en casa o mellor produto". O obxectivo, segundo Carmela Silva, é "incentivar a compra de produto por calidade e sabor".

Na campaña móstrase "o mellor da nosa horta, mar, viño e o campo" nas canles da Deputación nas redes sociais e nos medios de comunicación con creatividades, un vídeo que lanzarán este martes e diferentes accións en múltiples plataformas.

Dentro da campaña a Deputación convocará un concurso no que pedirán aos cidadáns que compartan imaxes con pratos listos para degustar preparados con produtos desta provincia. "E a mediados de mes poremos en marcha unha campaña específica para o comercio local", avanzou Silva.

Produtos de horta ecolóxica
Produtos de horta ecolóxica | Fonte: GC P

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta